Escoitar

O alcalde agradece a súa dedicación aos 2.389 voluntarios que cooperan co Concello

O Concello ten un “corpo de voluntarios extraordinario” que traballa de forma “magnífica”, dixo esta mañá o rexedor, un día despois da entrega de 31 diplomas a outros tantos voluntarios municipais. Nestes momentos, hai inscritas 2.389 persoas, unha cifra que o rexedor quere aumentar polo que animou á participación a toda a cidade.

venres, 31 xan 2020
Foto de familia do acto
Foto de familia do acto

O alcalde agradeceu esta mañá o seu “magnífico” traballo e dedicación a todos os voluntarios que cooperan co Concello na atención a colectivos como Afaga, Ategal, Fundación do Secretariado Xitano, Provivienda, Alento, AparVigo, entre outras. Un día despois de entregar 31 diplomas nun homenaxe organizado no Auditorio Municipal, Caballero eloxiou a estas persoas que, de forma desinteresada, colaboran na vertebración da cidade que conta xa cun “importante músculo civil”.

Nestes momentos, a oficina municipal de voluntariado conta con 2.389 inscritos que traballan en áreas como acompañamento a maiores, menores ou persoas con discapacidade; apoio escolar; drogodependencias; organización de actividades; inmigración; muller; defensa da natureza; animais ou voluntariado cultural, un área cada vez máis demandada. En declaracións aos medios, o alcalde avanzou a súa decisión de aumentar e potenciar o voluntariado e animou a inscribirse a este “corpo extraordinario” de voluntarios a todas as persoas que queiran cooperar coa cidade.

Descargar todas as imaxes