Escoitar

O Auditorio Mar de Vigo acollerá ata xuño dez actuacións con humor, musicais e bandas tributo

Ainhoa Arteta, Sergio Dalma e Michael Kiwanuka; humor con Segura, Mota e Flo; bandas tributo a Queen e Abba, ou musicais de “El Guardaespaldas” e “West Side Story” son algunhas das funcións programadas entre febreiro e xuño no Pazo de Congresos. Tamén haberá en xuño tres congresos sectoriais que atraerán a miles de profesionais.

venres, 31 xan 2020
O alcalde detallou as principais actuacións programadas
O alcalde detallou as principais actuacións programadas

O Concello presentou este venres a súa programación do primeiro semestre do ano para o Auditorio Mar de Vigo nunha rolda de prensa na que o alcalde, Abel Caballero, destacou a calidade das actuacións e a importancia do recinto como escenario de grandes congresos sectoriais.

Segundo explicou, o Pazo de Congresos acollerá dous musicais de gran formato, que xa triunfaron no estranxeiro, e que darán 13 funcións en Vigo: “El Guardaespaldas” e “West Side Story”. Tamén haberá grandes concertos como os de Ainhoa Arteta, Sergio Dalma ou Michael Kiwanuka.

Ademais, xuño será o mes dos congresos co Simposium Nacional de Alumeado, o Congreso da Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias, con máis de 2.000 médicos e o Congreso da International Institute of Fisheries Economies and Trade, que fará de Vigo o centro do coñecemento da pesca e a acuicultura no mundo por uns días.

Caballero tamén fixo balance do gran éxito obtido pola temporada de Nadal. “Agora toda a programación cultural da cidade corre a conta do Concello”, destacou o alcalde.

Programación:

  • 8 de febrero: “El sentido del humor. Dos tontos y yo”. Con Segura, Florentino y Mota
  • 20 de febrero: “La última tourné”. Con Alaska, Bibiana Fernández y Mario Vaquerizo.
  • 21 y 22 de febrero: Dr. Queen / Tributo a Queen.
  • 23 febrero: Ainhoa Arteta. Concierto para voz y pianos.
  • 26 de febrero al 1 de marzo: “El Guardaespaldas”.
  • 13 de marzo: Tributo a Michael Jackson
  • 26 a 29 de marzo: “West Side Story”. Seis funciones en Vigo con 20 actores en escena.
  • 18 de abril: Sergio Dalma.
  • 10 de mayo: Michael Kiwanuka.
Descargar todas as imaxes