Escoitar

O goberno de Vigo pon en marcha o Voluntariado co obxectivo de acadar os 5.000 inscritos

O alcalde informou este martes da aprobación do expediente para contratar a empresa que leve adiante o Voluntariado municipal con distintos programas xa existentes e a activación do voluntariado europeo. Actualmente o Concello ten 2.500 inscritos e o obxectivo municipal nesta nova etapa é duplicalos.

martes, 31 xul 2018
O alcalde explicou que a contratación dunha empresa responde á limitación do número de traballadores públicos dos que pode dispor a administración. A empresa que resulte contratada impartirá formación aos voluntarios, que cooperarán en eventos sociais, culturais, deportivo e medioambientais, segundo detallou Caballero.

O Concello conta con distintos programas para o Voluntariado e activará un novo voluntariado Europeo. O rexedor cifrou en 2.500 os voluntarios inscritos e marcou o obxectivo a acadar nos 5.000.