mércores, 12 dec 2018
O goberno local trasladou a súa oposición ao intento de Mos de "anexionar" case 50.000 m2 do polígono de O Rebullón nos que hai instalados unha vintena de empresas. O alcalde asegurou que os límites están fixados polo Instituto Xeográfico Nacional e criticou a decisión unilateral de Mos de modificar o territorio de Vigo.
martes, 11 dec 2018
O alcalde informou este martes de que o Concello de Vigo iniciou a tramitación para desenvolver o plan urbanístico que permita á firma Precisgal, subministradora da multinacional Rolls Royce, ampliar as súas instalacións industriais.
luns, 26 nov 2018
Abel Caballero anunciou este luns que xa está en marcha a tramitación ambiental do proxecto que reformará o Barrio do Cura. "Barrio do Cura é unha das zonas máis interesantes da cidade e imos a manter a tradición e a arquitectura protexida", sinalou o alcalde.
martes, 20 nov 2018
O goberno de Vigo dará esta semana luz verde á rehabilitación do edificio situado no número 16 da rúa Abeleira Méndez, no Casco Vello Alto. Ademais, a Xerencia de Urbanismo tamén aprobará o contrato de obras da segunda fase da urbanización do PERI de San Roque, así como o rexistro de solares abandonados para a súa poxa. <br />
luns, 19 nov 2018
A Xerencia de Urbanismo outorgará hoxe a licencia de demolición do antigo hotel Samil, traballos que se estenderán durante catro meses cun importe aproximado de 100.000 euros. Tal e como está previsto as obras de construción do novo complexo hoteleiro arrancarán nos primeiros meses de 2019 e se prolongarán dous anos. <br />
martes, 13 nov 2018
O goberno de Vigo deu luz verde ao contrato de obras da segunda fase da urbanización do PERI de San Roque, que suporá a mellora das rúas Calaza e Forno. O alcalde estimou que este ano estarán contratadas e executadas as obras.
xoves, 8 nov 2018
Co fin de poder acelerar o seu labor de rehabilitación, considera Abel Caballero que o organismo precisa unha recapitalización dun mínimo de cinco millóns de euros. <br />
venres, 2 nov 2018
Abel Caballero adiantou este venres que o Concello de Vigo xa dispón dun listado previo con 26 soares e inmobles para ser incluídos no programa municipal de edificación forzosa. O alcalde explicou que a medida ten como obxectivo eliminar as parcelas "abandonadas e en pésimo estado do centro da cidade".