xoves, 15 set 2016
Abel Caballero remitiulle un escrito á delegada do Consorcio propoñendo constituir unha comisión para comezar a traballar, "sen perder un día", na recuperación da Panificadora e estudar as fórmulas xurídicas para facelo. O Concello require tamén doutra comisión para afrontar as ampliacións do PTL e do polígono para Citroën.
xoves, 8 set 2016
Abel Caballero reuniuse este xoves con representantes dos sindicatos UXT, CCOO e CIGA para abordar as consecuencias da anulación do PXOM e compartir con eles os pasos dados polo goberno de Vigo para resolver este problema, comprometéndose a mantelos informados de todos os avances.
mércores, 7 set 2016
Abel Caballero sinalou que, para a tramitación dun novo PXOM, o Concello solicitou en marzo un informe ao SERGAS sobre as dotacións sanitarias da cidade que aínda non recibiu resposta da Xunta que pediu "algo máis de tempo para elaboralo". Amais anunciou que esixirá á Xunta as reclamacións patrimoniais derivadas da anulación do PXOM.
venres, 2 set 2016
Abel Caballero dixo descoñecer a resposta da Xunta ao informe remitido polo Concello, elaborado polo xurista Luciano Parejo, e apuntou o paradoxo de que lle teña solicitado un informe sobre o mesmo ao Consello Consultivo, que non é un órgano xurídico nin vinculante, sen terlle pedido un informe con vías de solución á anulación do PXOM que é "responsabilidade da Xunta".
venres, 2 set 2016
O rexedor informou este venres do inicio de obras de rehabilitación en tres inmobles do Berbés, por parte do Consorcio do Casco Vello de Vigo, unhas obras que, ao seu entender, deben der "un grande obxectivo".
xoves, 1 set 2016
Concello e colexios de Arquitectos e Arquitectos Técnicos teñen unha visión "coincidente", valorou Caballero este xoves, sobre a opción proposta polo prestixioso xurista Luciano Parejo para cumprir a sentencia anulatoria do Plan Xeral de 2008, que pasaría por un novo informe ambiental elaborado pola Xunta.
martes, 30 ago 2016
O alcalde trasladoulle este martes ao presidente e ao vogal do Círculo de Empresarios de Galicia, Juan Güell e Serafín Ocaña, a liña de actuación que seguirá o Concello para cumprir a sentenza do Tribunal Supremo que anula o PXOM, solicitándolle á Xunta un novo informe ambiental estratéxico, unha solución que os empresarios estiman "conveniente" ao contar co aval do mellor xurista de España en materia de urbanismo.
mércores, 24 ago 2016
Abel Caballero explicou este mércores que esta solución, avalada polo prestixioso experto Luciano Parejo, da cumprimento á sentencia xudicial e permitiría ter o Plan integramente en vigor. A Xunta de Galicia ten o requirimento do goberno de Vigo para que proceda "de forma rápida" nesta dirección, avanzou o alcalde
martes, 9 ago 2016
É o mesmo importe que achega o Concello no convenio do Plan Estatal de Vivenda, segundo explicou hoxe martes Abel Caballero, quen reclamou á Xunta que inclúa unha partida ao efecto nas súas contas de 2017.<br />
mércores, 3 ago 2016
O alcalde informou de que a Consellería de Educación recibirá hoxe a comunicación favorable á súa solicitude que foi resolta, segundo declarou, "coa maior celeridade" xa que a petición foi recibida o 29 de xullo e aprobada o 3 de agosto. Con todo, Caballero urxe á Xunta a que inicie as obras de forma inmediata e que as acometa de corrido e non por fases.