Vigo marca un novo récord de ocupación hoteleira durante o mes de agosto

venres, 6 set 2019

O alcalde de Vigo ofreceu este venres os datos de afluencia turística rexistrados o mes de agosto, cando a cidade bateu un novo récord de ocupación hoteleira cun 88,54 por ciento. "É un gran ano e un gran mes de agosto, batendo récords, o mellor resultado da historia turística da cidade en un mes tan importante, a nosa vocación turística estase a afianzar", sinalou.

O rexedor apunta que a cidade ten que ser "ambiciosa" no ámbito turístico

venres, 25 xan 2019

Abel Caballero valorou a presenza de Vigo na Feira Internacional de Turismo (FITUR) celebrada en Madrid onde presentou a oferta turística para este ano, logo de un mes de decembro con datos "extraordinarios" na cidade. Sinalou que houbo "niveis de ocupación impensables en hoteis, niveis de afluencia impensables e nivel de visitantes impensable" en Vigo e todo isto grazas "ao noso proxecto de luces e de Nadal" polo que, apuntou, "temos que ser capaces de incorporarnos masivamente ao ámbito turístico desde Vigo e ser ambiciosos nesta dimensión". Avanzou o rexedor que o Concello prepara o Entroido xa coa idea de que "trema Río de Xaneiro, que imos alá".