Bad Gyal forma parte do Vigo en Festas 2023

luns, 17 xul 2023

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a contratación da artista barcelonesa, que estará o xoves 10 de agosto en Castrelos. As reservas para a actuación de Pablo López sairán mañá a venda. A ocupación hoteleira da fin de semana alcanzou un 82,2%.

O Concello solicita fondos europeos para o Pazo de Castrelos

venres, 12 mai 2023

A Xunta de Goberno aprobou a participación do Concello no programa para a mellora da competitividade e de dinamización do patrimonio histórico de uso turístico enmarcado no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, dotado cos fondos europeos Next Generation EU. As melloras do Pazo de Castrelos suporán un investimento de 1,5 millóns de euros.

Caballero felicita a Binter no quinto aniversario da conexión entre Canarias e Vigo: “É unha satisfacción ver a tantos canarios percorrendo as nosas rúas”

venres, 5 mai 2023

O alcalde felicitou esta mañá á aerolínea Binter na celebración do quinto aniversario da súa conexión entre Vigo e Canarias. “Desde o principio pareceunos moi importante que Binter elixise Vigo como primeiro destino nacional fose das illas e realmente foi a crónica dun éxito anunciado”, asegurou o rexedor.