Novembro bate récord de turistas e pernoctacións
Abel Caballero valorou os datos de visitantes e pernoctacións do mes de novembro publicados polo INE e que sitúa o ano 2023 en Vigo, a falta dos datos do mes de decembro, como o mellor ano turístico desde que hai rexistros. O alcalde deu conta do crecemento nun 8% dos visitantes respecto ao mes de novembro do ano anterior. Deste xeito, Vigo segue a rexistrar o seu mellor datos de viaxeiros totais, nacionais e internacionais da serie histórica, non só no mes de novembro se non tamén no acumulado do ano. Para o rexedor "o Nadal significa a afluencia de tanta xente, coa creación de miles e miles de empregos e centos e centros de millóns de euros".
Descargar todas as imaxes