xoves, 21 decembro 2023

Vigo sumará un novo tramo de 500 metros no paseo do Lagares

xoves, 21 dec 2023

Abel Caballero avanzou que a Xerencia de Urbanismo aprobará o martes 26 de decembro o proxecto de execución da senda fluvial pola marxe dereita do río Lagares desde a estrada Moledo ata a conexión co sendeiro existente no polígono de Miraflores. O goberno local investirá 300.000 euros no novo tramo.

Baladadas simbólicas no CEIP Altamar para festexar o novo ciclo

xoves, 21 dec 2023

Abel Caballero participou este xoves no acto simbólico de celebración de fin de 2023 organizado no CEIP Altamar. Dirixiuse aos escolares para desexarlles un bo 2024 e recomendarlles que aproveiten o tempo do estudo. O alcalde compartiu con toda a comunidade educativa do colexio o son e a conta atŕás das 12 badaladas coas que festexaron o inicio dun novo ciclo. Caballero tamén realizou unha visita o colexio Otero Pedrayo.