Escoitar

O Concello dedica máis de 1,8 millóns de euros á humanización da contorna de Balaídos

A Xunta de Goberno Local deu luz verde este venres á adxudicación das obras de humanización da rúa Val Miñor na zona de confluencia con Fragoso e a grada de Tribuna.

venres, 22 dec 2023

Abel Caballero detallou que o goberno municipal investirá 1.831.856 euros a esta humanización que transformarán a zona nunha área peonil, e contribuirá a cooperar na solución do problema das inundacións. Así mesmo, explicou que entre as melloras aprobadas atópase a instalación dunha nova rede de rega, así como iluminación led, mobiliario urbano, ademais de marquesina na parada do autobús e un photocall co nome do Estadio Municipal de Balaídos.

Bombeiros

Amais, quedou aprobada a a licitación para a subministración dunha superestrutura de brazo articulado para o Servizo de Bombeiros, “un instrumento de importancia capital” que ten un importe de 1.350.000 euros, sinalou o rexedor. Este novo elemento permite subir ata unha altura de 64 metros e desprazarse en horizontal ou en paralelo ao chan para que os efectivos se acheguen á zona de traballo, polo que permitirá mellor eficacia e mellores tempos de resposta e máis capacidade de traballo en altura.

Descargar todas as imaxes