mércores, 25 set 2019
Aprobada a moción do PSOE coa que se insta ao Consorcio do Casco Vello a facilitar aparcadoiros e prezos reducidos aos propietarios e inquilinos do barrio histórico da cidade. O PP votou a favor de solicitar á Xunta de Galicia que amplíe a súa achega económica á recuperación da zona.
mércores, 25 set 2019
O grupo socialista presentou a moción, que demanda ao goberno autonómico a resolución "inmediata" das axudas ao alugueiro do Plan de Vivenda Estatal para persoas con escasos recursos, que achegue fondos propios ao mesmo para ampliar o número de beneficiarios e que convoque as axudas ao inicio de cada ano para evitar posibles desafiuzamentos.
mércores, 25 set 2019
Os grupos do PSOE, PP e En Marea coincidiron esta mañá na defensa da necesidade de rematar a xestión administrativa e reguladora da nova ordenanza municipal de mobilidade sostible. O concelleiro Non adscrito abstívose na votación dunha moción que solicitaba a regulación do uso do patinete tan pronto o Goberno central aprobe o Real Decreto de medidas urbanas de tráfico.
mércores, 4 set 2019
Todos os grupos políticos avalaron esta mañá a petición de Declaración de Emerxencia Climática na cidade de Vigo, apoiando unha moción defendida no Pleno desta mañá pola concelleira do Grupo Mixto, Oriana Méndez. As catro forzas políticas deron luz verde a un texto que foi presentado por colectivos ecoloxistas agrupados na Alianza pola Emerxencia Climática.
mércores, 4 set 2019
Marea de Vigo e BNG apoiaron a moción do PSdeG-PSOE fronte ao voto contrario do PP. Tamén saíron adiante dúas propostas socialistas, unha demandando á Xunta a creación de dúas escolas infantís na cidade e outra instando ao goberno autonómico a que se achegue fondos para a reforma do Estadio de Balaídos.
mércores, 4 set 2019
A moción do grupo socialista demanda á Xunta de Galicia a presentación do proxecto da obra e a súa inclusión nos Orzamentos de 2020. Amais, o Concello insta ao goberno autonómico a realizar convocatorias de concorrencia competitiva nas subvencións de políticas de emprego.
mércores, 4 set 2019
A Corporación Municipal de Vigo aprobou este mércores na sesión plenaria a actualización das ordenanzas fiscais para o exercicio 2020. "Estamos ante un sistema fiscal municipal xusto", defendeu o concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros.
mércores, 4 set 2019
A Corporación Municipal de Vigo aprobou este mércores na sesión plenaria o calendario de festividades para o vindeiro ano 2010. Cos votos do PSOE e PP, quedaron fixados o 28 de marzo, Día da Reconquista, e o 25 de febreiro, Martes de Entroido, como días festivos locais.