Pleno da Corporación
A Corporación insta á Universidade a buscar unha saída á diplomatura de Ciencias Empresarias
luns, 26 mai 2008A Corporación Municipal aprobou na sesión plenaria celebrada hoxe unha enmenda á moción presentada polo grupo municipal do PP, na que se insta á Universidade de Vigo a dialogar con profesores e alumnos da actual Diplomatura en Ciencias Empresarias , unha saída satisfactoria á adaptación do plan de estudos actual.<br />
O Pleno aproba por unanimidade a nova ordenanza de carga e descarga
luns, 26 mai 2008O Pleno da Corporación deu este luns o seu visto bó, definitivo e por unanimidade, á Ordenanza de Carga e Descarga elaborada pola Concellería de Mobilidade. Tanto o goberno como a oposición cualificaron de "positivo para a cidade" este texto, modificado tras o periodo de alegacións, e aprobado inicialmente en sesión plenaria do pasado 25 de febreiro, cos votos favorables dos socios de goberno e a abstención do Partido Popular.
A Corporación aproba destinar case dous millóns de euros para a humanización da rúa Coruña
luns, 28 abr 2008O pleno da Corporación municipal , en sesión celebrada hoxe, aprobou unha modificación orzamentaria por un importe de case tres millóns de euros para a promoción e presentación da candidatura de Vigo á Universiada 2013 e para realizar obras de humanización da rúa Coruña.
O Pleno aproba un conxunto de nomes novos para diferentes rúas de varias parroquias
luns, 31 mar 2008O Pleno da Corporación Municipal aprobou este luns por unanimidade os nomes oito rúas situadas en diferentes parroquias de Vigo, ao consideralos axeitados de acordo cos informes emitidos polos departamentos de Estatística e Normalización Lingüística.
O Goberno local regula o tempo de intervención dos grupos políticos nos plenos
mércores, 26 mar 2008Os grupos políticos da Corporación Municipal terán a partir do próximo luns un tempo estipulado para as súas intervencións nos plenos. A duración da última sesión ordinaria, que se alongou ata case nove horas, impulsou a conveniencia de ordenar os debates plenarios, unha proposta acordada este mércores pola Xunta de Voceiros.
El Gobierno local regula el tiempo de intervención de los grupos políticos en los plenos
mércores, 26 mar 2008Los grupos políticos de la Corporación Municipal tendrán a partir del próximo lunes un tiempo estipulado para sus intervenciones en los plenos. La duración de la última sesión ordinaria, que se prolongó hasta casi nueve horas, ha impulsado la conveniencia de ordenar los debates plenarios, una propuesta acordada este miércoles por la Junta de Portavoces.