xoves, 5 set 2019
O programa municipal de arte urbana suma xa preto de 70 pinturas en toda a cidade que agora o Concello recolle nunha guía con tódalas obras, segundo anunciou Abel Caballero.
mércores, 28 ago 2019
Vigo da un paso máis na recuperación da Muralla de O Castro co inicio da tramitación das sondaxes arqueolóxicas, tal e como se aprobará mañá na Xunta de Goberno. O proxecto, financiado en colaboración co Ministerio de Fomento, alcanza un investimento de case un millón de euros.
martes, 2 xul 2019
O goberno de Vigo inicia esta semana as representacións da vida romana en Toralla, na finca Mirambel. Segundo informou Abel Caballero, serán os xoves 4, 11 e 18 de xullo e o 1 e 22 de agosto, con acceso gratuíto. Ademais, a rehabilitada finca Solita acolle os venres concertos e actividades de música e teatro para os pequenos.
mércores, 29 mai 2019
O Concello de Vigo iniciou o expediente para contratar a redacción do proxecto de pintado de muros en colexios dentro do Programa de Medianeiras. Na nova actuación serán outros 12 centros educativos os que xa presentaron a súa proposta para que os murais ocupe un determinado espazo do colexio.
xoves, 4 abr 2019
Segundo trasladou Abel Caballero, o Boletín Oficial do Estado recolle na súa edición deste xoves o acordo subscrito o pasado 4 de marzo en Madrid para a recuperación e posta en valor da fortificación. O BOE detalla un investimento conxunto de 835.000 euros para a rehabilitación.
venres, 22 feb 2019
O alcalde anunciou este venres a colocación de tres placas con letras de bronce na céntrica rúa peonil, ao carón do poema de Carlos Oroza.
mércores, 16 xan 2019
"Os Cabalos", obra de Oliveira, está a ser obxecto dunha análise en profundidade por parte do goberno vigués, segundo anunciou hoxe mércores o alcalde. Para coñecer o seu estado, o Concello realiza perforacións no aceiro e revisa a cimentación e ancoraxes dunha escultura que verá reposta a súa iluminación.
luns, 7 xan 2019
A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto para o quinto programa de medianeiras que incluirá desta vez outros 15 murais. O alcalde, Abel Caballero, destacou que a iniciativa xa ronda as 100 actuacións desde que se puxo en marcha e que a cidade xa é unha referencia.
luns, 10 dec 2018
Caballero acode este vindeiro xoves a Madrid para asinar co secretario de Estado de Infraestructuras o convenio para acometer as obras cun importe de 835.000 euros. Amais participará na sinatura do decreto de xubilación anticipada da Policía Local.
martes, 20 nov 2018
O rexedor, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, visitaron este martes os traballos de recuperación e revalorización do espazo, cofinanciados con preto 300.000 euros para preservar e recuperar esta finca indiana de finais do XIX. En febreiro podería estar concluída. <br />