martes, 27 mar 2018
O alcalde presentou esta martes o anteproxecto do Anel Verde de Vigo (AVV) que, con case 50 km, conectará Teis ata Saiáns circunvalando toda a zona urbana. Traballando cun horizonte temporal de vinte anos, explicou que o obxectivo é previr os incendios e facilitar a extinción no caso de que se produciran.
venres, 9 mar 2018
Xunta de Goberno Local aprobou este venres o proxecto para construír unha nova pista de parkour no parque de Navia. Ademais, tamén foi aprobada unha nova fase da humanización de María Berdiales e as achegas para as asociacións AFAM e Solidariedade co Pobo Galego.
xoves, 15 feb 2018
O alcalde destacou que a nova instalación dedicada á cultura urbana suporá un investimento de 300.000 euros e conta cun prazo de execución de catro meses. "Vai a ser un Mariquisño estable", asegurou Caballero en referencia ás diferentes modalidades a practicar na pista.
luns, 29 xan 2018
Abel Caballero informou da conclusión dos recintos infantís de Beade, do Vixiador e da oficina municipal de Teis. O Concello ten ademais en obras o "macro parque" de Venezuela e tramita novos en Barreiro, Bouzas, Independencia, Navia, Pedro Alvarado, Praza Elíptica, rúa Coruña e Jenaro de la Fuente.
venres, 29 dec 2017
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao inicio do procedemento para impoñer esta penalidade á anterior concesionaria por incumprimentos no contrato. Amais, adxudicou as obras do pavillón de Quirós cun orzamento de 1,5 millóns de euros.
venres, 22 dec 2017
"Había unha grande demanda na cidade", apunta Abel Caballero, que valora positivamente tamén a "avalancha cidadá" para ver a iluminación de Nadal. Amais o rexedor adiantou as propostas do programa de Nadal destes días.
venres, 15 dec 2017
O novo espazo contará cunha área infantil inclusiva con espazos diferenciados para menores e maiores de seis anos, unha zona multideporte para a práctica do fútbol sala, balonmán e baloncesto, e un recinto de descanso con mesas de xogos. O Concello tamén licita os novos parques infantís de Pedro Alvarado e Praza de Independencia, segundo informou o alcalde, con cargo ao superávit do pasado ano.
luns, 11 dec 2017
O rexedor recomenda á cidade que se achegue a coñecer esta "obra de arte, moi ben ambientada, ben feita e unha verdadeira marabilla da artesanía con figuras que parecen esculturas". O Belén Municipal ocupa unha superficie de 100 metros cadrados e está exposto na Casa das Artes, onde xa foi visitado por 9.000 persoas desde a súa inauguración o pasado 30 de novembro.
xoves, 7 dec 2017
Segundo Caballero supoñerá a "reforma global da zona". Na Xunta de Goberno Local quedou adxudicada tamén a contratación do deseño das carrozas da Cabalgata de Reis 2016 por un importe de 65.000 euros.
mércores, 29 nov 2017
O alcalde visitou hoxe a nova instalación que conta cunha gran cadeira, un Papá Noel de madeira e varias caixas de agasallos, unha delas cun dinoseto confeccionado con follas de camelia. O espazo está decorado con motivos de Nadal pero configúrase como un xardín efémero estacional no que o goberno municipal proxectará diferentes temáticas ao longo do ano.