Escoitar

O goberno local aproba a ampliación do parque infantil de Barreiro

A Xunta de Goberno Local aprobou a clasificación de ofertas para a contratación das obras de ampliación do parque infantil de Barreiro cun importe de licitación de 200.000 euros. O alcalde lembrou que hai outra decena de "macroparques" en proxecto ou construción.

venres, 4 mai 2018
A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación provisional da ampliación do parque infantil de Barreiro despois de fixar un importe de licitación de 200.000 euros. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou que hai outra decena de "macroparques" en proxecto ou construción.

"Vigo vai ser a cidade dos nenos", sinalou o rexedor este venres durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación. Ademais do parque de Barreiro, o goberno local ten en marcha o da rúa Venezuela (569.027 euros, en obras), Bouzas (200.000 euros e pendente de autorización de Patrimonio), Praza Independencia (200.000 euros, pendente de adxudicación), Navia (1,1 millóns e pendente de adxudicación), Pedro Alvarado (500.000 euros, pendente de adxudicación), Jenaro de la Fuente (500.000 euros con cargo ao superávit) e Maruja Mallo (400.000 euros, en fase de redacción do proxecto) e rúa Coruña (1,1 millóns, redactado xa o proxecto).

Médicos do Mundo
A Xunta de Goberno Local tamén aprobou o proxecto de convenio de colaboración con Médicos do Mundo, cun importe de 50.000 euros, para o desenrolo dun programa de intervención sociosanitaria coa entidade Cedro destinado a persoas drogodependientes en situación de exclusión social en Vigo.

Fontes de Aragón
Ademais, o alcalde informou de que as fontes da rúa Aragón vanse alumear de amarelo o vindeiro domingo, 6 de maio, con motivo do Día Internacional da Osteogénesis Imperfecta, máis coñecida coo no nome de "Osos de cristal".