Escoitar

O goberno de Vigo esixe a Xunta e Fomento o soterramento da VG20 ao seu paso por Navia

O alcalde deu a coñecer este luns os requisitos do Concello para a aprobación definitiva da ampliación de Navia que promove a Xunta: non converter as zonas verdes en aparcamentos, facer unha glorieta na nova saída a Avenida de Europa, construir un instituto, instalar pantallas contra o ruido na VG20 e soterrala.

venres, 4 mai 2018
1525438975Navia_01.JPG
Abel Caballero informou este venres en rolda de prensa dos requisitos municipais para a aprobación definitiva da ampliación de Navia. Antes de facelos públicos, recordou que o Concello trasladou a información do proxecto aos veciños afectados -un total de 5.300 notificacións- para que poidan alegar ante a Xunta de Galicia, a través da propia administración local.

Xunto ás alegacións veciñais que remitirá á Xunta de Galicia, o Concello de Vigo establece "requisitos imprescindibles" para a súa aprobación, como son que "nin un só metro cadrado de zona verde" actual sexa convertido en asfalto ou aparcamento; en segundo lugar, que os novos accesos de Navia coa Avenida de Europa se realicen en condicións de accesibilidade e seguridade, incorporando unha nova glorieta de regulación de tráfico; a construción dun instituto público en Navia, para o que o Concello de Vigo cedería os terreos á Xunta; e por último, o compromiso da Xunta e do Ministerio de Fomento do cumprimento da normativa acústica coa incorporación de pantallas vexetais na VG20 e o soterramento da nomeada vía ao seu paso por Navia.

O alcalde non considera admisible o "illamento" no que se atopa Navia pola VG20 e asegura que é "o momento" de solventalo, co soterramento da VG20 e facendo unha glorieta no novo acceso previsto de Navia á Avenida de Europa. Ademais, Caballero reclama unha saída directa de Teixugueiras a este vial.

De cara á ampliación de Navia, o alcalde tamén propón que os novos edificios sexan de menor altura para que non se convertan en "pantallas" e avogou por conservar a masa arbórea presente ao final de Navia. O goberno de Vigo, segundo expuxo Caballero, ten unha "gran prioridade" en Navia e está a facer deste un lugar "de referencia" con equipamentos e dotacións de zonas verdes, deportivas, educativas, sociais e culturais.
1525438975Navia_01.JPG
1525438991Navia_04.JPG
Descargar todas as imaxes