Escoitar

O goberno local adxudica 3,7 millóns en 5 novas humanizacións en distintas zonas da cidade

A Xunta de Goberno validou esta mañá a adxudicación de 5 novas humanizacións por valor de 3,7 millóns de euros. Nesta ocasión, os traballos se acometerán na Praza Sanjurjo Badía, na rúa Purificación Saavedra, na rúa Álvaro Cunqueiro, na Praza de Pedro Alvarado e na rúa Camilo José Cela.

xoves, 3 mai 2018
O goberno local deu luz verde esta mañá a investimentos por 3,7 millóns para acometer cinco humanizacións en distintas zonas da cidade. En primeiro lugar, o alcalde deu conta da clasificación de ofertas da Praza Sanjurjo Badía (Barrio das Flores), cun orzamento de 595.000 euros e un prazo de execución de 8 meses (adxudicada a Oresa). No caso de Purificación Saavedra (fase I) -entre Sanjurjo Badía e Enrique Lorenzo- as obras ascenden a 306.097 euros e 5 meses de execución (a empresa é Naróm).

Tamén se realizará a humanización de Álvaro Cunqueiro -a coroa exterior- cun orzamento de 1,2 millóns de euros e 10 meses de prazo de execución (Petrolam Infraestruturas é a empresa adxudicataria). A primeira fase -coroa interior e entronque con José Frau- xa está realizada polo que o custo total da rúa é de 2,5 millóns. O parque Pedro Alvarado tamén será remodelada, cun custo de medio millón de euros e 3 meses de execución.

O goberno local tamén aprobou a adxudicación das obras de humanización da rúa Camilo José Cela (entre as rúas Coruña e Chano Piñeiro), cun orzamento de 667.000 euros e 7 meses de prazo de execución (ACEVI é a empresa adxudicataria). O alcalde rematou destacando que cada unha destas obras foi adxudicada a unha empresa diferente.