Escoitar

O goberno de Vigo ultima a humanización de García Lorca, cun orzamento de case 1,5 millóns

O alcalde visitou este mércores os traballos de humanización, que inclúen 3.000 metros cadrados de beirarrúas, renovación de canalizacións, unha veintena de árbores, novos puntos de luz, papeleiras, bancos e superficies axardinadas. Unha "gran humanización", explicou Caballero, con case 1,5 millóns de orzamento.

mércores, 2 mai 2018
1525264229GarciaLorca_02.JPG
En declaracións aos medios, Abel Caballero enumerou as melloras que contempla a humanización en marcha, unha actuación en máis de 6.000 metros cadrados dos que a metade serán novas beirarrúas. O Concello reserva millón e medio de euros para humanizar 350 metros da rúa.

É unha "gran humanización", valorou o rexedor vigués, "moi reclamada" polos veciños do barrio e que se ve complementada coas actuacións municipais no colexio Pintor Laxeiro, incluindo un mural e a anunciada cobertura do patio do centro. A remodelación inclúe a prantación dunha veintena de árbores, xardineiras, trinta puntos de luz, papeleiras, bancos e a adecuación de superficie axardinada, entre outras actuacións.
1525264229GarciaLorca_02.JPG
1525264243GarciaLorca_01.JPG
Descargar todas as imaxes