Escoitar

O goberno de Vigo apoia a labor social de seis entidades con 721.500 euros

O alcalde asinou este luns sendos convenios de apoio a APAMP, Menela, Érguete, Asociación de Persoas Xordas, AFAGA e FOANPAS. O Concello sufraga a actividade das seis con 721.500 euros.

luns, 30 abr 2018
1525092782Convenios_02.JPG
Abel Caballero asinou este luns convenios de colaboración con seis asociacións de carácter social da cidade como "parte da política social" que presta o Concello de Vigo. A administración local adica ao efecto 721.500 euros.

Segundo detallou o rexedor en rolda de prensa, o Concello destina 24.500 euros á Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (APAMP) para levar adiante unha ludoteca inclusiva, e outros 8.000 euros á Fundación Menela para desenvolver un program de respiro familiar. A Asociación de Persoas Xordas de Vigo recibe 20.000 euros para a contratación dun intérprete de lingua de signos.

Ademais, o goberno de Vigo achega 45.000 euros a Érguete -a Asociación de Axuda ao Toxicómano- para o seu programa de apoio residencial, outros 18.000 euros á AFAGA -Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia- para o seu programa de respiro familiar e, por último, convenia con FOANPAS -Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo e Comarca- a realización de actividades extraescolares, axudas de comedor escolar e un aula matinal, por valor de 606.000 euros.

A este respecto, Abel Caballero recordou que a cifra adicada a FOANPAS se complementa coas axudas de comedor escolar que concede directamente o goberno de Vigo. Así, no cómputo global, o Concello reserva case dous millóns de euros para máis de 4.500 axudas de comedor escolar.
Descargar todas as imaxes