O Concello inicia a segunda fase da mellora do barrio de Ribadavia
Segundo informou Caballero, o goberno de Vigo deu luz verde ao inicio do expediente da segunda fase da urbanización do PERI de San Roque, que suporá a mellora das rúas Calaza e Forno. O alcalde estimou que este ano estarán contratadas e executadas as obras.
Trátase dunha "zona moi deteriorada", explicou Abel Caballero, quen recordou que a primeira fase da urbanización do barrio xa comezou coa elaboración do proxecto de reforma da parte traseira do novo centro comercial de Pizarro e a comunicación coa rúa Colombia. Ademais, o goberno de Vigo promove a primeira fase da humanización da nomeada rúa con case medio millón de euros de orzamento. Coa incoación do expediente, o Concello arranca agora coa segunda fase do PERI, que presenta vivendas ocupadas, outras en ruínas ou xa demolidas.