mércores, 2 mai 2018
O alcalde presentou este mércores a nova edición da Andaina polos Montes de Vigo, o 13 de maio, que este ano suma a reforestación aos seus obxectivos tras a vaga de lumes do pasado mes de outubro. As inscripcións, abertas para os catro percorridos, de entre 7 e 39 quilómetros.
mércores, 2 mai 2018
Máis de 1.000 servizos prestados e máis de 150 persoas atendidas. Estes son os datos da primeira quincena de traballo dos Coidadores de Barrio tras o seu regreso ao Casco Vello, Calvario, Teis, Travesas, Coia e Bouzas o pasado 12 de marzo. O alcalde destacou a acción de ámbito social que desenvolven os traballadores coa xente de maior idade.
mércores, 2 mai 2018
O alcalde visitou este mércores os traballos de humanización, que inclúen 3.000 metros cadrados de beirarrúas, renovación de canalizacións, unha veintena de árbores, novos puntos de luz, papeleiras, bancos e superficies axardinadas. Unha "gran humanización", explicou Caballero, con case 1,5 millóns de orzamento.
mércores, 2 mai 2018
Os días 3, 7, 8, 9 e 10 de maio o Auditorio do Concello de Vigo albergará baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as IX Xornadas Municipais de Teatro Escolar, nas que participarán uns 340 actores e actrices noveis pertencentes a 10 centros de educación primaria e aos alumnos/as dos grupos de Dramatización e Básico 9-11 anos da Escola Municipal de Teatro. Estas xornadas posibilitan unha experiencia de participación aberta a toda comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias e contorno.