Escoitar

O goberno de Vigo incoa a tramitación do ámbito comercial de Recaré que mellorará o acceso á A55

Na próxima sesión da Xerencia de Urbanismo darase conta da incoación da tramitación do borrador do ámbito comercial de Recaré. Esta iniciativa ademais de permitir o desenvolvemento de solo terciario, tamén mellorará a mobilidade no acceso á A55.

mércores, 2 mai 2018
O alcalde avanzou esta mañá que na próxima sesión da Xerencia de Urbanismo darase conta da incoación da tramitación do borrador e do documento ambiental estratéxico no ámbito A—7-02 Recaré. Trátase, dixo, dun dos grandes desenvolvementos de terciario na Avenida de Madrid, situada un pouco máis aló do Seminario. Esta ordenación suporá, así mesmo, mellorar a mobilidade no acceso á A55 e se tramitará co procedemento da ordenación provisional polo que se recupera o plan de 2008 para esta zona.