Escoitar

Vigo abre en Barreiro "a mellor pista de skate de Galicia" e xa traballa para ter outra en Navia

Abel Caballero visitou este luns as instalacións da nova pista de skate de Barreiro, onde os usuarios a cualificaron como "a mellor de Galicia". O Concello traballa tamén na construción doutra pista en Navia e este mesmo ano reformará a do Calvario, ademais de estar á espera de Patrimonio da Xunta para a do Castro.

luns, 30 abr 2018
1525092624SkateBarreiro_01.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este luns a nova pista de skate, BMX y Roller Vert Wall aberta en Barreiro xunto ás instalacións de Máis que Auga e lembrou que a cidade terá outra de maiores dimensións en Navia, ademais da remodelacións das do Castro e O Calvario.

"Os propios usuarios din que a nova pista de Barreiro é a mellor de Galicia", destacou o rexedor antes de explicar que o investimento foi de case 45.000 euros. Na zona leváronse a cabo traballos de demolición da pista existente, escavación, drenaxes, construción de nova pista e elementos, varandas e taludes.

As novas instalacións contan con sete novos elementos deportivos (Bowl, Pala, Extensión, Step Up, Cuarter, Street, Cuarter Street) nunha superficie de actuación de 615 metros cadrados. Segundo explicou Caballero, ao parque de skate de Barreiro súmanse ademais outras catro actuacións: o parqque de Skate, BMX e Roller Vert Wall en Navia (300.000 euros), a remodelación da pista do Castro (pendente do informe de Patrimonio da Xunta), a remodelación integral da pista do Calvario (Instituto) con inversión procedente do superávit e, tamén en Navia, unha pista de parkour (193.119€).

Palco en Zamáns
O alcalde tamén informou das obras de reparación e acondicionamento do Palco de Zamáns, situado no parque forestal da parroquia. As obras inclúen a reparación da cuberta, o friso de madeira, teito, pintado da estrutura e paredes cun orzamento de 20.000 euros.
Descargar todas as imaxes