O Concello de Vigo designa os areais da Foz (esquerda) e A Calzoa como praias para cans
A Xunta de Goberno Local aprobou o informe no que quedan delimitadas as praias da Foz (esquerda) e A Calzoa como zonas de esparexemento canino. O alcalde avanzou que a partir de agora os donos dos cans poderán utilizar os dous areais todo o ano e destacou que queda excluída a zona rochosa da Calzoa.
Vigo xa conta con dúas praias para cans. A Xunta de Goberno Local aprobou o informe relativo á delimitación das praias da Foz e A Calzoa como zona de esparexemento para cans durante todo o ano. Segundo avanzou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, os cans poderán estar soltos (acompañados polos seus donos), excepto os animais potencialmente perigosos, que deberán levar correa e bozo, tal como indica a normativa.
O rexedor explicou que A Foz, á esquerda da desembocadura do río Lagares, dispón de 320 metros de longo, mentres que A Calzoa ten 120 metros de longo, aínda que a zona rochosa da praia queda excluída para cans. "Ningunha das dúas praias é de zona de marisqueo nin de uso intensivo durante o período estival", destacou Caballero.
Para delimitar as praias a cans, o Concello instalará postes de madeira na area para marcar as zonas, porá sinais indicadoras en cada un dos accesos, delimitará a protección das embarcacións tradicionais (gamelas coruxeiras) e instalará colectores para a recollida de excrementos, ademais de reforzar os servizos de limpeza.