mércores, 24 mar 2021
O goberno municipal celebrou este mércores o “acto simbólico” de colocación da primeira pedra da nova grada de Marcador do Estadio Municipal de Balaídos, no que estiveron presentes a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o delegado de Zona Franca en Vigo, David Regades, edís do goberno municipal, representantes das peñas do Celta e o cronista oficial da cidade, Ceferino de Blas.
xoves, 18 mar 2021
Desde este luns, 22 de marzo, o acceso peonil e rodado á terminal ferroviaria de Urzáiz terá lugar exclusivamente polo teito do edificio, á altura de Vía Norte. Este xoves, Abel Caballero visitou a entrada provisional, que “impresionará” aos usuarios que poderán ver ademais a obra “colosal” do Vialia.
mércores, 10 mar 2021
No Auditorio Mar de Vigo entregouse esta mañá o primeiro premio do concurso de ideas para deseñar o ascensor de García Barbón. O alcalde avanzou antes en rolda de prensa que esta infraestrutura será un “gran” complemento para o edificio de Vialia, deseñado por Thom Mayne.
martes, 2 mar 2021
O Concello iniciou a tramitación para ordenar e recuperar a fachada marítima de Bouzas amparándose nunha disposición transitoria da Lei de Costas. Con ese obxectivo, o goberno local tratará de modificar o Plan Especial de Bouzas para regularizar unha situación que desde o ano 2006 afecta a 24 parcelas.
venres, 19 feb 2021
“Estamos en situación de licitar, necesitamos recursos, uns 22,5 millóns, pero xa enviei o proxecto á Xunta, hai un ano que o ten, e antes de licitar ten que dar o visto e prace Sanidade, levamos un ano esperando, é un importante atraso”, sinalou Abel Caballero
xoves, 4 feb 2021
O alcalde avanzou este xoves que a Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou o contrato de coordinación de seguridade e saúde para as obras de reforma da grada de Marcados. A reforma comezará en marzo e o prazo de execución da obra é de 18 meses.
martes, 2 feb 2021
Abel Caballero informou de que o goberno local xa reservou unha cantidade de 600.000 euros dos fondos de remanentes para construír o segundo aparcamento gratuíto do Hospital Álvaro Cunqueiro.
luns, 1 feb 2021
En dous anos aproximadamente estará funcionando o ascensor que unirá García Barbón con Vía Norte, segundo avanzou o alcalde o día no que se constituíu o xurado encargado de elixir a proposta gañadora entre as sete aspirantes no concurso de ideas. O orzamento total do proxecto elévase a 7,2 millóns de euros.
martes, 26 xan 2021
Con 1,9 millóns de investimento, o Concello comezou este martes os traballos de remodelación da praza e da Baixada á Estación, que se prolongarán durante seis meses. A actuación inclúe a reconstrución do frontal de pedra da antiga terminal ferroviaria, inaugurada a finais do século XIX.
xoves, 21 xan 2021
O rexedor reuniuse este xoves con Arsenio Prieto, xerente do Recinto Feiral de Vigo, quen lle dixo descoñecer os proxectos do goberno autonómico para as instalacións. Amais, adianta que convocará unha reunión con Conxemar nos vindeiros días para abordar a situación da ampliación do recinto.