Caballero: “O goberno local respondeu á confianza que depositaron en nós os cidadáns hai dous anos”

mércores, 26 mai 2021

Os dous primeiros anos deste cuarto mandato de Abel Caballero estiveron marcados pola pandemia á que o Concello fixo fronte cunha actuación integral, “respondendo á confianza que depositaron en nós os cidadáns”. Durante a presentación do balance de goberno, Caballero lembrou que o proxecto político que encabeza ten un apoio do 90% da cidadanía o que demostra que “Vigo marcha unido”. En todo caso e ao marxe da covid, estes dous anos tamén foron os da confirmación dos grandes proxectos pendentes na cidade como a saída sur, o AVE por Cerdedo ou a Biblioteca do Estado.