xoves, 25 nov 2021
O alcalde sumouse esta mañá á reivindicación do alumnado de 41 centros de Secundaria da cidade que veñen participando nas actividades municipais con motivo do 25N, Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
mércores, 24 nov 2021
O Pleno aprobou este mércores unha moción que insta ao goberno de Vigo a “reforzar os medios e accións que o Concello desprega” na materia e demanda á Xunta de Galicia máis fondos ao efecto e ampliar a rede de Centros de Información ás Mulleres. Tamén se solicita protocolos específicos de atención á violencia sexual.
luns, 15 nov 2021
O alcalde participou este luns na presentación dos actos organizados polo Concello para conmemorar o Día Internacional da Violencia contra as mulleres. O programa comeza mañá este martes 16 de novembro e remata o vindeiro 3 de decembro.
xoves, 23 set 2021
O alcalde informou da decisión, adoptada na Xunta de Goberno Local, de prorrogar o servizo de atención social e educativa para as usuarias dos pisos municipais nos que o Concello aloxa a mulleres vítimas de violencia machista e ás persoas delas dependentes.
mércores, 15 set 2021
A concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, sinalou como obxectivo principal “a integración transversal do principio de igualdade nas actuacións do Concello de Vigo e eliminación de obstáculos que impidan ou dificulten a igualdade efectiva de mulleres e homes”
xoves, 29 xul 2021
A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación da Fase IV da avenida Alcalde Gregorio Espino cun importe de licitación de 1.600.000. En canto a obras, tamén aprobouse a renovación ca capa de rodaxe de la rúa Marín.
mércores, 30 xuñ 2021
A moción presentada polo grupo mixto recibiu o apoio de toda a Corporación para elaborar e poñer en marcha un protocolo que se active nos meses de verán, dirixido especialmente á mocidade, para que as festas na rúa sexan un espazo de diversión e liberdade no que as mulleres non sintan medo.
mércores, 23 xuñ 2021
A Federación Española de Municipios e Provincia alerta do incremento de discursos e crimes contra as persoas LGTBI, accións que “representan unha seria ameaza para o respecto aos dereitos fundamentais”.
xoves, 17 xuñ 2021
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves a subvención nominativa mediante convenio de colaboración coa Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos para financiar as bolsas de comedor dos escolares que sumada á achega da área de Política Social supera os 2 millóns de euros.
mércores, 5 mai 2021
A Xunta de Goberno Local aprobará este xoves a adxudicación da contratación das obras do proxecto para cubrir o patio que se realizan en virtude do convenio asinado entre o goberno municipal e a Deputación de Pontevedra que inclúe tamén o patio do Ceip Balaídos.