O alumnado do CEP Dr. Fleming descubre a ría ao bordo do Nautilus

xoves, 12 mai 2022

O alcalde desexou boa viaxe aos alumnos e alumnas do CEP Dr. Fleming que sucaron a ría ao bordo do Nautilus dentro do programa municipal "Unha xanela aberta á ría de Vigo". Desde que comezou a actividade pasaron polo barco case 800 mozos e mozas dos colexios da cidade. Na proposta, de aproximadamente unha hora de duración e a través de monitores especializados e con imaxes a tempo real, se mostra aos estudantes a riqueza da ría, a dinámica do plancto, o cultivo do mexillón e a fauna que habita no fondo da ría.

Caballero despide as Xornadas Municipais de Teatro no Auditorio Municipal

xoves, 12 mai 2022

O alcalde animou aos nenos e nenas a seguir co teatro para obter novas aptitudes. O mércores 11 e xoves 12 o Auditorio Municipal acolleu as XII Xornadas Municipais de Teatro Escolar. Participaron 5 centros de educación primaria da cidade e dous grupos da Escola Municipal de Teatro de Vigo con 7 pezas teatrais nas que participaron 550 alumnos e alumnas.

O goberno local acondicionou a pista polideportiva e acometeu melloras no Illas Cíes por 50.000 euros

xoves, 12 mai 2022

Acompañado polo edil de Educación, Abel Caballero visitou este xoves o centro de Infantil e Primaria, onde o goberno de Vigo xa realizara obras no comedor escolar. Con estes 50.615 euros, o Concello afrontou “obras singularmente importantes”, como a reparación do patio, o acondicionamento da pista polideportiva, a adecuación da fachada e a renovación dos xogos infantís da zona exterior.

O Concello eleva os máximos de renda para ampliar os beneficiarios das axudas de comedor escolar

xoves, 12 mai 2022

O goberno local aprobou este xoves as bases das axudas municipais de comedor, libros e material escolar para o próximo curso. Con respecto á anterior convocatoria, Vigo amplía un 2,5% o tope de ingresos familiares para optar ás mesmas, manifestou Caballero. O alcalde cifrou en dous millóns a asignación para bolsas de comedor, libros e material escolar.

O goberno local adica 17.000 euros a renovar os xoguetes dos colexios de Vigo

mércores, 11 mai 2022

O alcalde anunciou novos xogos para o ocio dos nenos e nenas dos colexios de infantil e primaria de Vigo. En rolda de prensa manifestou que "é necesario repoñer e aumentar o número de xoguetes". Caballero lamentou que esta acción, a cal adica 17.000 euros o Concello, é competencia da Xunta de Galicia, pero "que non está para a cuestión", lamentou.

O alcalde louva ao alumnado e profesorado do IES A Guía logo do galardón nun proxecto de comercio

mércores, 11 mai 2022

Abel Caballero visitou aos alumnos e alumnas do IES de A Guía, que lograron o recoñecemento ao "Mellor empresario virtual de España". O alcalde felicitou aos galardoados, Iria Piñeiro, Ismael Martínez, Jorge Fernández e Sara Gómez , despois de enfrontarse a máis de 200 universitarios e estudantes de Ciclo Superior de diferentes partes do país. Gañaron o 1º premio e o 5º tamén foi acadar en mans do alumnado do IES de A Guía. Na final demostraron as súas habilidades e talento empresarial ao ter que dirixir unha empresa automobilística a través dun sofisticado simulador empresarial.