mércores, 29 xul 2020
A moción socialista sostén que os municipios tiveron que poñer en marcha medidas excepcionais para facer fronte á pandemia xerada polo Covid-19 “sen que a Xunta de Galicia, como administración competente, achegase recursos adicionais”.
xoves, 23 xul 2020
A Xunta de Goberno Local aprobou a prórroga do contrato do Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social do Concello de Vigo (CIIES) que ten espazo para 38 persoas e que, en opinión do rexedor, “está facendo un gran traballo”.
venres, 17 xul 2020
O alcalde apunta que se retoma a acción cultural e divulgativa nestes espazos coas limitacións precisas para garantir as condicións sanitarias. Toralla acollerá catro recitais de música clásica e en Finca Solita soará música de violonchelo, fagot, percusión ou guitarra
mércores, 15 xul 2020
Dado o incremento na demanda desta axuda municipal, este mércores habilitouse unha nova fiestra sen cita previa na que dúas persoas axudarán a realizar a solicitude. O alcalde lembra que “non hai límite presupostario” para este programa polo que a contía será incrementada se é preciso
luns, 13 xul 2020
O Concello de Vigo ofrece un total de 77 prazas para novo alumnado e outras 21 para convalidacións na súa Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO). O alcalde destacou a gratuidade das ensinanzas. O prazo para as solicitudes estará aberto ata o 4 de setembro
venres, 10 xul 2020
A Xerencia de Urbanismo aprobará no próximo Consello a resolución de incoación do expediente de contratación do Plan Especial de Infraestruturas ante a recente sentencia do TSXG que declara a falta de lexitimación das administracións municipais para solicitar a aplicación da Lei 3/2016, tal e como fixera o Concello.
mércores, 1 xul 2020
A moción socialista, apoiada polo grupo mixto e o concelleiro non adscrito, reclama a Feijóo que atenda as demandas laborais do persoal sanitario, cesando ao conselleiro de Sanidade. Tamén se aprobou instar á Xunta a dotar de equipos informáticos e conectividade ao alumnado que o precise para o próximo curso.
luns, 29 xuñ 2020
Desde o primeiro de xullo e ata finais de agosto o alumnado de entre 6 e 12 anos de familias vulnerables recibirá formación en diferentes espazos da cidade para recuperar os contidos que puideran ter perdido durante o confinamento.
luns, 29 xuñ 2020
O goberno local está á espera dunha resolución xudicial para saber se pode aplicar a chamada Lei Vigo na remodelación dos accesos ao Ceip Párroco don Camilo. Nun encontro cos responsables do centro, Caballero insistiu na vontade municipal de remodelar a entrada ás instalacións educativas tan pronto como sexa posible.
luns, 22 xuñ 2020
Abel Caballero anunciou este luns que xa se pode pedir a cita previa para solicitar as becas de comedor, libros e material escolar do vindeiro curso. O Concello atenderá a partir do xoves a un total de 160 persoas diarias para tramitar as solicitudes.