Escoitar

Abel Caballero recorda que “o 2 de febreiro remata o prazo para solicitar as axudas municipais de libros”

Segundo informou o alcalde este luns, a día de hoxe o Concello ten rexistradas 15.226 axudas para libros de texto, “das que algunhas son de máis de un neno ou nena”.

luns, 30 xan 2023

Na rolda de prensa matinal, o rexedor vigués quixo recordar que o prazo de solicitude rematará o 2 de febreiro, polo que recalcou que “todo o mundo o solicite”. O trámite pode solicitarse ben á través da web www.vigo.org, ou ben de forma presencial no Rexistro, sobre todo en horario de tarde, desde as 16:00 ata ás 20:00h de luns a xoves, sen cita previa.

Ata este momento o Concello ten rexistradas 15.226 axudas, de alumnado de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria ou Educación Especial do termo municipal de Vigo. Cada familia recibirá 205 euros por neno e para financiar estas achegas o Concello destina 5,2 millóns de euros.

 

Descargar todas as imaxes