xoves, 2 febreiro 2023

O alcalde súmase á celebración da festa das Candelas

xoves, 2 feb 2023

Abel Caballero achegouse este xoves á tradicional romaría das Candelas na Igrexa románica de Castrelos onde participou na entrega de agasallos ás avoas e avós da parroquia. O rexedor agradeceu o traballo da Asociación de Festas e Cultura de Castrelos "As Candelas e San Blas” que fan posible a celebración cada ano deste evento e lembrou o apoio municipal ás festas da cidade, que este ano triplican as axudas.