O Concello concedeu 156 axudas de emerxencia cun importe de 33.376 euros
O rexedor deu conta da resolución das Comisións de Axudas de Emerxencia de onte. O goberno local segue co dispositivo do frío en marcha, con prazas dispoñibles no Albergue Municipal.
O Concello concedeu 156 axudas de emerxencia cun importe de 33.376 euros. Deste montante 39 foron para gastos de alugueiro por 14.243 €, “que sigue sendo o máis solicitado”, sinalou o rexedor. Os outros conceptos pertencen a: 1 para mobiliario; 11 para facturas de auga; 9 para facturas de gas, 50 para facturas da luz e 40 de alimentación, ademais de “algunhas de farmacia e de óptica”. Segundo apuntou Caballero, dende que comezou o ano, aprobáronse 600 axudas por valor de máis de 130.000 euros.
Dispositivo frío
Desde que comezara o dispositivo do frío a finais de novembro rexistráronse 174 pernoctas nas camas habilitadas para tal fin. Ademais disto tamén achegáronse bebidas quentes a 176 persoas e aportáronse 38 mantas para as persoas que as solicitaron.
Abel Caballero lembrou a atención as persoas que precisan dun lugar para resgardarse do frío e que poden achegarse ao albergue municipal onde hai unha sala con calefacción e pódense realizar distintas actividades de ocio. O rexedor sinalou que poden achegarse ao albergue municipal, xa que conta con prazas vacantes, e en caso de que se se enchan as derivarase ao albergue de Santa Cruz e en caso de cheo actívase o protocolo de derivación aos hostais, co que “ninguén se queda sen unha cama para durmir”.