xoves, 28 mai 2026
O alcalde saudou este xoves ao alumnado de Educación Primaria que asistiu no Auditorio Municipal ao espectáculo "Unha viaxe musical dende Vigo polo mundo’, un concerto didáctico-musical interpretado pola Orquestra “Son das Flores”, que permite ás nenas e nenos achegarse de forma lúdica e divertida á riqueza e tradicións musicais de diferentes culturas e países do mundo. A Orquestra “Son das Flores”, nacida no Ceip Vicente Risco grazas á implicación activa do seu profesorado e alumnado, promove a música como ferramenta de transformación social e desenvolvemento persoal. Está integrada por 70 nenos/as e adolescentes, de 18 nacionalidades.
mércores, 27 mai 2026
O alumnado das escolas municipais de música, música folk e tradicional, danza e teatro, poderán reservar praza ata o martes 19 de xuño. Desde o venres 22 de xuño, ata o 9 de setembro, permanecerá aberto o período para as solicitudes dos novo alumnado. As clases comezará o xoves 1 de outubro.
luns, 25 mai 2026
O Pleno aprobou esixir ao Goberno autonómico que financie, como mínimo, o 50% do servizo de socorrismo así como unha achega extraordinaria para reparar os danos provocados polos temporais. Tamén se aprobou instar á Xunta a reforzar e fortalecer o investimento no ensino público da cidade.
xoves, 21 mai 2026
Alumnado do CPR Miralba, do CPR Possumus, do CPR San Blas-Vista Alegre, do CEIP Plurilingüe Frián-Teis, do CEP Doutor Fleming e do CEIP Virxe do Rocío asistiron no Auditorio Municipal ao espectáculo “Ecoralia, a lambona ecolóxica”, unha xornada organizada polo Concello dentro da programación de normalización lingüística. A través de cancións e narracións a ritmo de rock coa súa guitarra, Pakolas achegoulles a historia da maga Ecoralia, que aborda a importancia do consumo ecolóxico para coidar o medio ambiente, combater o cambio climático e garantir o benestar animal. O alcalde saudou ao alumnado e trasladoulles a importancia de coidar o medio ambiente e do estudo nestas últimas semanas do curso académico.
venres, 15 mai 2026
A II Romaría do Resío organizada polo centro escolar contou con diferentes actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas. A montaxe dun maio, obradoiros, cancións, bailes e o Banco onde pasan cousas máxicas que inaugurou o rexedor, acompañado polo alumnado, o equipo directivo e as familias que se sumaron á celebración.
xoves, 14 mai 2026
O alcalde participou este xoves na presentación do festival gratuíto de ciencia en bares que se celebra entre o 18 e o 20 de de maio. Trátase do maior evento internacional destas características, con accións nos cinco continentes e no que investigadores de todas as disciplinas comparten o seu traballo co público nun ambiente pouco habitual para a ciencia: os bares.
mércores, 13 mai 2026
Abel Caballero visitou este mércores o CEIP Plurilingüe O Pombal onde alumnado e profesorado está desenvolvendo diferentes accións para conmemorar o Día das Letras Galegas 2026. Durante a mañá houbo representación teatral dunha peza sobre Begoña Caamaño, a autora homenaxeada este ano pola Real Academia Galega, da man de cantantes e actores, alumnas e alumnos do centro. O alcalde felicitou á dirección do Pombal polo esforzo posto na organización de actividades para esta data e animou ao estudantado a esforzarse no que resta de curso académico.
mércores, 13 mai 2026
O plan de mellora das instalacións dos centros educativos de Vigo avanza coa execución de 8 novas intervencións en 7 colexios.
venres, 8 mai 2026
O alcalde saudou este venres aos 200 escolares e ás familias dos CEIPs Escultor Acuña e Valle-Inclán que participan, co alumnado da Escola Municipal de Teatro, nas representacións programadas na XVI edición das Xornadas de Teatro Escolar que se desenvolven no Auditorio Municipal. O rexedor animou á audiencia a gozar das representacións ao tempo que recalcou a transcendencia da actividade cultural tanto para os espectadores como para quen interpreta cada obra. Ao longo das tres xornadas, máis de 900 alumnas e alumnos vivieron esta experiencia teatral.
venres, 8 mai 2026
O Goberno local comezará no mes de xuño a reparación de muros en catro colexios da cidade. Cun orzamento de 612.000 euros, actuarase no Igrexa Valadares, no Valle Inclán, na Escola Infantil Vila Laura e no Mestres Goldar.