Alumnado do Colexio San José de Cluny goza da Reconquista didáctica con "Aventura no Vigo Vello"

xoves, 10 abr 2025

Abel Caballero trasladou hoxe aos 49 alumnos do Colexio San José de Cluny que percorren os principais escenarios da Reconquista de Vigo, dentro da actividade didáctica "Aventura no Vigo Vello", a valentía da cidadanía de 1809 ao enfrontarse ás tropas napoleónicas para recuperar o control da cidade e iniciar a expulsión definitiva das forzas napoleónicas. A iniciativa do Concello achegou a preto de 1.000 escolares de quinto e sexto de Primaria a un dos episodios máis transcendentes da historia da cidade conxugando as vertentes de aprendizaxe lúdica a través das recreacións dramatizadas.

Máis de 1.000 estudantes de 24 colexios aproxímanse aos sons tradicionais nos concertos da Escola Municipal de Música Folk

xoves, 10 abr 2025

Abel Caballero alentou este xoves aos 281 alumnos dos CEIP Lope de Vega, Igrexa Candeán, Sobreira Valadares, Vicente Risco e Virxe do Rocío, que participan no último concerto do programa municipal "Ruralsóns. As músicas do calendario", non só a interesarse pola música tradicional galega, senón a aprender a interpretar un instrumento. Desde o luns 7 de abril, máis de 1.000 alumnas e alumnos de 24 centros escolares asistiron aos concertos dirixidos polos profesionais da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional.

Estudantado de seis colexios aprenden os ritmos da música folk co programa "Ruralsons. As músicas do calendario"

mércores, 9 abr 2025

O alcalde chamou hoxe aos 250 estudantes de quinto e sexto de primaria do CEIP Ría de Vigo, CEIP O Selo, CPR Escolas Nieto, CPR Monterrey, CEIP Balaídos e do CEIP Javier Sensat, que participan no concerto didáctico "Ruralsóns. As músicas do calendario" a cargo do profesorado da ETRAD, a interesarse pola música e a gozar da interpretación de pezas tradicionais. Caballero destacou a calidade dos intérpretes da ETRAD que levan aos escenarios composicións de música folk galega.

Alumnado do CEIP Paraixal e Compañía de María percorren os escenarios da Reconquista con "Aventura no Vigo Vello"

mércores, 9 abr 2025

Abel Caballero saudou este mércores aos 17 alumnos do CEIP Paraixal e aos 27 do Colexio Compañía de María María que participan no programa didáctico "Aventura no Vigo Vello-Reconquista 2025" co que percorren os puntos estratéxicos da recuperación en 1809 de Vigo da ocupación das tropas napoleónicas. O alcalde animounos a interesarse por estudar a historia da cidade, especialmente de episodios de gran transcendencia como o inicio da Reconquista desde Vigo, así como a gozar do programa educativo creado polo Concello para potenciar o interese polos acontecementos ao redor da liberación da cidade das forzas militares do emperador francés.

O alcalde explica a importancia do Concello a estudantes do IES Castelao no programa "Visita o teu Concello"

martes, 8 abr 2025

O alcalde recibiu hoxe, coa concelleira de Educación, aos 40 estudantes de segundo de Educación Secundaria do IES Castelao que percorren as instalacións municipais dentro do programa didáctico "Visita o teu Concello". Caballero, ademais de escoitar as disintas propostas para a cidade expostas polo alumnado, referiuse aos numerosos servizos que presta o Concello á cidadanía para garantir o seu benestar, así como a importancia da administración municipal para todos os vigueses.

Caballero saúda ao alumnado do Colexio Compañía de María que participa na "Aventura no Vigo Vello-Reconquista 2025"

martes, 8 abr 2025

Os 50 alumnos do Colexio Compañía de María que participan este martes no programa didáctico "Aventura no Vigo Vello- Reconquista 2025", organizado polo Concello para que os escolares de Vigo avancen no coñecemento dun dos episodios máis importantes de Vigo, foron animados por Abel Caballero a gozar dunha actividade coa que percorren os principais enclaves da xesta, así como a interesarse pola historia da cidade. Desde o xoves 27 de marzo, preto de 1.000 escolares de quinto e sexto de Educación Primaria participaron das visitas teatralizadas coa interpretación do alcalde Vázquez Varela, o militar napoleónico Pierre da Pierre e a taberneira Xoana Rial.

Alumnado de 24 centros de Vigo gozan dun concerto didáctico de música folk

martes, 8 abr 2025

O alcalde invitou aos 247 estudantes do CPR Possumus, do CEIP Seis do Nadal, do CEIP A.R. Castelao, do CEIP A Paz Tintureira e do CEIP Igrexa Valadares, a gozar do concerto didáctico organizado este martes pola Escola Municipal de Música folk e Tradicional (E-TRAD) no Auditorio Municipal. O Concello organiza ata o xoves un ciclo de concertos para alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria de 24 colexios da cidade co que dar a coñecer a cultura musical e instrumental galega así como o labor da escola municipal. “Gozade da música tradicional galega do Rural Sons, magníficamente interpretada" sinalou o alcalde .

Alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participa na primeira sesión didáctica de música folk

luns, 7 abr 2025

O alcalde saudou aos 275 estudantes que asistiron ao concerto didáctico organizado pola Escola municipal de música folk e tradicional (E-TRAD) no Auditorio Municipal. O Concello organiza durante esta semana un ciclo de concertos para alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria de diferentes colexios da cidade e dar a coñecer a cultura musical e instrumental galega así como o labor que fan nesta escola municipal. "Gozade da música e aprendede do profesorado da E-TRAD, que son magníficos", dixo o rexedor.

O rexedor entrega as medallas da carreira solidaria do Colexio Possumus en favor dun colexio kenyano

venres, 4 abr 2025

Abel Caballero entregou hoxe as medallas da carreira solidaria organizada polo Colexio Possumus, que este ano coincide co Día mundial da actividade física e o deporte, en favor do colexio kenyano, Habari Njema Hope School. A iniciativa, liderada pola directora do centro, Alba Villar, serve para dotar ao centro de aulas e corredores con solo de cemento, así como para reparar pingueiras, arranxar xanelas e portas, ademais de iniciar a construción dunha aula nova. O Concello colabora coas 230 medallas recibidas polo alumnado do centro.

Os estudantado do CEIP Mestres Goldar percorre as dependencias municipais no programa "Visita o teu Concello"

xoves, 3 abr 2025

Abel Caballero trasladou hoxe aos 48 alumnos de quinto e sexto de primaria do CEIP Mestres Goldar, que participan no programa educativo "Visita o teu Concello", a incidencia na calidade de vida dos vigueses das decisións que se adpotan todos os días no Concello, desde o abastecemento da auga ás distintas liñas de apoio a todo o estudantado da cidade. O alumnado percorre as principais dependencias da administración local para coñecer tanto a actividade cotiá, como o traballo que se desenvolve nos principais departamentos.