mércores, 7 mai 2025
O alcalde animou aos 520 alumnos os CEIPs Vicente Risco, Virxe do Rocío, Canicouva, Atalaia Cantabria, Mariano Franciscanas, San Salvador, Otero Pedrayo, O Sello, Josefa Alonso, Seis do Nadal, Castelao, Coutada Beade e o CPR Barreiro, que participaron este mércores no concerto didáctico "Isto non é un concerto!", a cargo do profesorado da Escola Municipal de Música de Vigo, a gozar tanto da música como da aprendizaxe da interpretación dun instrumento. Os concertos didácticos que comezaron hoxe coa participación do estudantado de 3º,4º e 6º de Educación Primaria, prolongaranse os días 8, 12 e 13 de maio no Auditorio Municipal de Vigo.
mércores, 7 mai 2025
O Concello oferta novos obradoiros formativos para maiores de 65 anos e persoas en risco de exclusión. Son sete cursos gratuítos sobre materias como habilidades sociais, competencias persoais, busca de emprego, cidadanía e integración e autoestima.
martes, 6 mai 2025
O alcalde deu a benvida a 14 estudantes procedentes de Aberdeen (Escocia) que están a realizar unha estadía en Vigo. Trátase dun intercambio escolar no que o alumnado de Vigo tamén viaxa ao Reino Unido para aprender o idioma e coñecer a cultura anglosaxoa. Caballero animounos a gozar da cidade e aprender do profesorado do Colexio Mariano.
martes, 6 mai 2025
O alcalde saudou ao alumnado do Colexio Losada, Carmelitas, Ceip Igrexa de Candeán, Eduardo Pondal, San Fermín e do IES A Guía que participou na xornada organizada en colaboración coa Fundación Salma para o coidado da saúde mental en Galicia, na que doutores en Psicoloxía e docentes trasladaron a importancia de concienciarse sobre a saúde mental no ámbito educativo.
luns, 5 mai 2025
Abel Caballero saudou este luns aos 15 alumnos de terceiro de Educación Secundaria que participan no programa Erasmus do Colexio Losada, entre os que se atopan 7 estudantes residentes na localidade francesa de Avignon. O alcalde animounos a gozar da visita organizada para coñecer os escenarios clave da cidade e de forma especial o xacemento e os túneles do Castro.
luns, 5 mai 2025
O Correlingua alcanzará o vindeiro domingo 9 de maio un cuarto de século de existencia coa participación de 1.800 escolares de 20 centros docentes de Vigo e da súa área. "É un día de festa, reivindicativo e participativo", asegurou este luns a concelleira de Educación, Olga Alonso, ao presentar con Anxo Terán, presidente da Asociación Cultural Correlingua, a nova edición que se celebrará baixo o lema "A mocidade activa, por unha lingua viva". A Praza do Rei de Vigo será o punto de partida da marcha pola lingua que finalizará no Parque de Castrelos.
venres, 25 abr 2025
Abel Caballero expresou este venres o apoio do goberno municipal de Vigo á reclamación da dirección e familias do Colexio Compañía de María para que a Xunta restableza a oferta inicial de 60 prazas para alumnos de 3 anos que cursan cuarto de Educación Infantil, tras a decisión unilateral, e non comunicada por parte da Consellería de Educación, de eliminar un dos tres grupos ofertados no centro. O alcalde, tras reunirse o xoves coa dirección do centro, denuncia que 20 escolares quedaron sen praza e sen o seu dereito a elixir centro educativo. Tras denunciar o "ataque inxustificado" a un colexio con cen anos de presenza e historia na cidade, o rexedor afirma que os recortes de matrícula de 2024 no Colexio Público García Barbón e en 2025 en Compañía de María son un serio ataque á educación de Vigo.
venres, 25 abr 2025
O alcalde insta ao goberno autonómico a acometer a substitución completa da cuberta, dado que o seu estado actual require unha intervención que excede a competencia de mantemento.
xoves, 24 abr 2025
O alcalde saudou este xoves ao alumnado do Colexio Amor de Dios que percorreu as instalacións municipais dentro do programa didáctico “Visita o teu Concello”. As nenas e nenos de 5º de Educación Primaria puideron coñecer de preto varios servizos municipais e achegarse ao traballo da administración local.
martes, 15 abr 2025
A proba de aventuras e orientación urbana desenvolverase o domingo 27 de abril coa participación de equipos de ata seis persoas que percorrerán a pé partes da cidade e deberán localizar puntos de control para resolver distintas probas.