xoves, 20 feb 2025
O goberno municipal aprobará na Xunta de Goberno de mañá as bases e a convocatoria das becas para as estancias lingüísticas no estranxeiro do alumnado da Escola Oficial de Idiomas. O alcalde explicou este xoves que o importe do programa é de 88.250 euros.
martes, 18 feb 2025
O alcalde e a concelleira de Educación saudaron este martes, no salón de Plenos do Concello, as 49 alumnas e alumnos de sexto de Primaria do CEIP Seis do Nadal que participan no programa didáctico "Visita ou teu Concello". Abel Caballero explicou aos escolares o funcionamento da Casa Consistorial e a transcendencia das decisións municipais no desenvolvemento da cidade. O estudantado percorre as dependencias dos distintos servizos municipais para coñecer o seu funcionamento. O programa achega a actividade municipal a máis de 2.500 escolares da cidade.
venres, 14 feb 2025
O Concello dá os primeiros pasos para a construción da Escola Municipal de Música de Bembrive co inicio da expropiación dunha parcela situada ao lado do Centro Helios. Caballero avanzou que o Plan Xeral recolle solo para actuacións de equipamentos locais en outras moitas zonas da cidade.
venres, 14 feb 2025
O alcalde garante que estarán a disposición dos beneficiarios ao comezo do curso escolar. O Concello dedica máis de 2 millóns de euros ás becas de comedor.
martes, 11 feb 2025
O alcalde recibiu este martes as 50 alumnas e alumnos de primeiro da ESO do Instituto Santa Irene que participan no programa didáctico municipal "Visita ou Teu Concello". Caballero transmitiu ao estudantado a importancia e a transcendencia das decisións que se adoptan todos os días no Concello e que inciden directamente na calidade de vida da cidadanía. Más de 2.000 estudantes percorren ao longo deste curso escolar as dependencias dos principais servizos municipais, onde se informados sobre o seu funcionamento.
luns, 10 feb 2025
Abel Caballero puxo en valor este luns o traballo desenvolvido pola Fundación Igualarte ante os 182 alumnos de terceiro e cuarto da ESO de cinco centros docentes que asistiron ao espectáculo de danza "Emovere", que tivo lugar no Auditorio Municipal. O alcalde aseguroulles que "o mellor da cidade sodes vós" e que "agora temos orgullo desta cidade". O estudantado dos IEs Castelao e Teis, dos CPR Andersen e Alba, e do Colexio San José da Guía, asistiron ao espectáculo posto en escena pola compañía "Combai".
luns, 10 feb 2025
O museo Verbum acolle mañá, martes 11 de febreiro, as actividades programadas polo Concello para conmemorar o “Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia", segundo avanzou o alcalde.
xoves, 6 feb 2025
O alcalde explicou hoxe aos 48 alumnos de sexto de primaria do CEIP O Pombal, que participan no programa "Visita ou teu concello" , o funcionamento da administración municipal e a importancia da actividade e das decisións que adopta cada día para o benestar da cidadanía de Vigo. A visita realizada este xoves polo alumnado do último curso de primaria do colexio de Lavadores súmase á realizada o martes polos seus compañeiros de cuarto de primaria. Ao longo do curso máis de 2.000 escolares da cidade participan na iniciativa didáctica municipal para fomentar o coñecemento do Concello de Vigo.
mércores, 29 xan 2025
Abel Caballero destacou hoxe, no acto conmemorativo do 75 cabodano de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao organizado polo IES que leva o nome do intelectual galeguista, que “en Vigo celebraremos con entusiasmo o ano de Castelao” a través dun programa que contempla numerosas actividades para lembrar a súa figura e a súa obra.
luns, 27 xan 2025
A Corporación validou esta mañá unha moción socialista que urxe dotar aos centros de ensino de ferramentas para atender a saúde mental da comunidade educativa. Outro dos asuntos aprobados nesta sesión plenaria foi a reclamación dun cronograma que permita a integración de Cedro no Servizo Galego de Saúde antes de finais de ano.