Vigo é a cidade co mellor nivel de inglés de España
venres, 15 nov 2024O alcalde deu conta do ranking publicado por Education First no que sitúa a Vigo na cabeza das cidades de España no coñecemento do idioma inglés.
O alcalde deu conta do ranking publicado por Education First no que sitúa a Vigo na cabeza das cidades de España no coñecemento do idioma inglés.
O alcalde explicou este martes aos 52 alumnos de primeiro e segundo de educación secundaria do CPR Mercantil, que participan na actividade "Visita ou teu Concello", a transcendencia para a calidade de vida da cidadanía de Vigo das decisións que adopta a institución municipal. Nos percorridos polo edificio municipal, que este ano finalizarán o día 19 de decembro, participan máis de 2.500 alumnos de 50 centros escolares de quinto e sexto de primaria e de primeiro e segundo de Educación Secundaria.
O alcalde deu a benvida ás alumnas do colexio Las Acacias que foron as primeiras nesta tempada do programa municipal “Visita o teu Concello”, no que escolares de 5º e 6 de Educación Primaria e 1º e 2º da ESO coñecen durante a mañá a actividade municipal e as instancias do consistorio. Nesta actividade participarán ao redor de 2.500 estudantes de 50 centros educativos.
Os votos do PSOE e do BNG deron luz verde a unha moción socialista que insta á Xunta a planificar os recursos humanos no PAC para evitar situacións de desatención sanitaria. O PP votou en contra dun texto que destaca que as urxencias extra hospitalarias contan en moitas ocasións cun 25% do persoal.
Bolsas de comedor, bolsas de inglés, mantemento de centros educativos ou ensinanzas especiais son as principais partidas do orzamento de educación de 2025. A cifra global supera os 18 millóns porque o ensino é un ámbito ao que o goberno local presta “moitísima atención”.
Abel Caballero dirixiu hoxe unha “última advertencia” á Xunta co anuncio da reclamación pola vía contencioso-administrativa da gratuidade das nove escolas infantís municipais se Alfonso Rueda desatende o requerimento que lle enviará hoxe e mantén a desigualdade de trato con Vigo. O alcalde tamén avanzou que o goberno municipal acordou prorrogar en 2025 o contrato da xestión das escolas infantís municipais de Santa Cristina, en Lavadores, e Costeira, en Saiáns, por 538.000 euros.
A Xunta de Goberno aprobou a partida para o persoal de atención na aula da UNED e distintos espazos de uso educativo no edificio Mar de Vigo durante 3 anos. “Estamos ao lado da mocidade para facilitarlle formación e os seus estudos”, dixo o alcalde.
O Pleno da Corporación municipal de Vigo aprobou hoxe por unanimidade a moción presentada polo grupo socialista esixindo á Xunta que todos os centros educativos da cidade conten con orientadoras e orientadores e cos especialistas necesarios para garantir unha atención educativa adecuada aos nenos.
Abel Caballero despediu este luns no aeroporto de Peinador aos 40 alumnos de cinco centros vigueses: A nosa Señora da Esperanza, O Pilar-Maristas, Niño Jesús de Praga, Martín Códax e do Instituto do Castro, que inician a súa inmersión lingüística no Reino Unido. O alumnado residirán as tres próximas semanas en Devon e en Ottery St Mary, e estudarán nos centros West Exe School e The King’s School. Neste curso 1.027 estudantes viaxan a Reino Unido e Irlanda para mellorar o seu nivel de inglés
Abel Caballero anuncia que o Concello irá aos tribunais se a administración galega non atende ao requirimiento de Vigo. “Imos ir aos tribunais”, indicou o rexedor.