Escoitar

O alcalde reclama á Xunta a reversión do antigo colexio Virxe do Rocío para espazo cultural, social e asistencial

O alcalde reclama á Xunta a reversión ao patrimonio municipal do edificio do antigo colexio Virxe do Rocío en Coia, sen actividade desde 2012, para destinalo a usos sociais, culturais e asistenciais.

xoves, 29 mai 2025

Abel Caballero avanzou este xoves a reclamación dirixida á Xunta para que acorde a reversión do edificio municipal do antigo colexio Virxe do Rocío. “Xa non é colexio porque se trasladou a unhas novas instalacións municipais e desde hai anos o edificio está sen uso docente”, recalcou o alcalde ao sinalar que o Concello demanda recuperar unha instalación “que é nosa, da cidade”.

O rexedor afirmou que a Xunta quere “quedar co edificio, pero non pode porque se xa non é colexio ten que reverterse ao seu propietario”.

O alcalde lamentou que a Xunta "escatime os investimentos" e invitou á administración autonómica a que "se quere facer un centro de profesorado constrúa un edificio e terá todo o noso apoio, pero queremos o Colexio Virxe do Rocío" para dedicalo a espazo social e de atención para toda a zona en Coia", recalcou o alcalde.

Descargar todas as imaxes