xoves, 29 mai 2025
O alcalde anunciou hoxe que o Concello avanza nas axudas para mellorar a eficiencia enerxética de vivendas de 12 barrios, enmarcadas no programa “Espazo Residencial de Rehabilitación”, coa aprobación dunha nova convocatoria.
xoves, 29 mai 2025
A XXV edición do festival O Marisquiño, que este ano se celebra do 7 ao 10 de agosto, contará como unha das súas principais novidades coa apertura dun segundo escenario musical. Caballero destacou que hoxe “anunciamos artistas de orde mundial, dos que gozaremos en agosto en Samil, coas Illas Cíes de fondo”.
xoves, 29 mai 2025
O alcalde presentou este xoves o libro "Mulleres entre fogóns", elaborado polo alumnado de 3º Educación Secundaria do Colexio Labor, ante as chefs que foron entrevistadas e que son as protagonistas da obra que contou coa axuda do Concello para a súa edición e publicación. Caballero destacou a iniciativa dos escolares por reconstruír, achegar, completar e poñer en valor, con perspectiva de xénero, o labor das mulleres adicadas á profesión gastronómica da nosa cidade durante o século XX e ata a actualidade. A narración do libro dá conta da experiencia das profesionáis dalgúns dous restaurantes máis emblemáticos da cidade. Ao finalizar o acto, o rexedor entregou un exemplar do libro a todos os asistentes á presentación.
xoves, 29 mai 2025
O Centro Comercial Vialia de Vigo acolleu un ano máis a alfombra floral realizada pola asociación da vila do Tea, que nesta ocasión plasmaron o logo de Ponteareas Corpus Inclusivo. O rexedor agradeceu o seu traballo na divulgación desta arte, que son candidata a ser declaradas Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola UNESCO.
xoves, 29 mai 2025
Abel Caballero recibiu este xoves no salón de plenos do Concello a 36 alumnos de 3º e 6º de Educación Primaria do CEIP San Salvador Teis que participan no programa municipal "Visita ou teu Concello". O rexedor, tras explicar ao estudantado a importancia da administración municipal na vida dos vigueses, animoulles a interesarse pola información que reciben durante a visita ás dependencias municipais.
xoves, 29 mai 2025
O alcalde reclama á Xunta a reversión ao patrimonio municipal do edificio do antigo colexio Virxe do Rocío en Coia, sen actividade desde 2012, para destinalo a usos sociais, culturais e asistenciais.