Escoitar

O PXOM incrementará en máis dun 33% o solo para dotacións deportivas, culturais e cidadás

Abel Caballero deu conta esta mañá do aumento de 900.000 m2 para novas zonas dotacionais deportivas ou culturais na cidade. O novo planeamento urbanístico permitirá, por tanto, xerar novos espazos de convivenza cidadá e “mellorar a calidade de vida”.

mércores, 28 mai 2025

O alcalde avanzou que o novo Plan Xeral facilitará o aumento dun 33% do solo para equipamentos e dotacións deportivas, culturais e cidadás, o que suporá 900.000 m2 máis dos que existen na actualidade. Caballero destacou que se van duplicar os espazos deportivos en Balsa, Oia, Tomada, Avda de Europa e Saiáns, que se van construír novos pavillóns en Beade, Bembrive, Matamá, Cabral, Finca Matías e A Salgueira, entre outros.

Están previstas as escolas de música de Bembrive e Oia, ademais de novas dotacións culturais e sociais en Coruxo, Valladares, o desenvolvemento da Panificadora, así como a ampliación do Ifevi, Monte da Mina ou Meixoeiro.

Tal e como detallou, algunhas destas actuacións xa están en marcha como é o caso da licitación do proxecto para vivenda de Santa Cristina ou os expedientes de expropiación das escolas de música de Bembrive, de Oia, a ampliación do Crac de Coruxo, o acceso ao colexio Párroco don Camilo ou a Panificadora, pendente de asinar un convenio con Zona Franca.

Outro dos asuntos xa en desenvolvemento é o protocolo co Ministerio de Transportes para integración da AP9 na cidade, transformando a autovía en vía urbana desde Bos Aires a Alfonso XIII.

Comezou tamén a tramitación ambiental dos ámbitos de Recaré e Cruceiro, así como a transformación da Praza España que xa se poden presentar os proxectos del estudo de detalle. Respecto da fábrica de Alfageme, haberá un equipo dotacional e xa se está avanzando para resolver o tratamento sobre os edificios catalogados. O alcalde rematou referíndose á fábrica de Álvarez, en Barreiro, porque en breve se presentará o Plan Parcial, que xa está en proceso de transformación ambiental.

Descargar todas as imaxes