venres, 30 mai 2025
O goberno local aprobou unha prórroga forzosa do servizo municipal de transporte que estará en vigor ata que se adxudique un novo contrato, que xa está en proceso de licitación. Trátase dun servizo público que non pode deixar de prestarse, tal e como explicou Caballero.
venres, 30 mai 2025
O alcalde afirma que “a demanda será permanente” e insta á Xunta “a habilitar orzamento para unha nova facultade de Medicina en Vigo sen detraer os recursos actuais da Universidade”.
venres, 30 mai 2025
O goberno local deu luz verde ao expediente de explotación dos chiringuitos que funcionarán nas praias durante o verán. Nesta ocasión, son 11 as instalacións que prestarán os seus servizos nos arenais vigueses.
venres, 30 mai 2025
O rexedor sinalou que se trata dun “importante" colexio que se encontra nunha situación "moi complexa e cun tellado en condicións indescritibles” e a “competencia é da Xunta de Galicia”.
venres, 30 mai 2025
Abel Caballero deu conta da aprobación do servizo de xestión, organizando e desenvolvemento do programa educativo na rede municipal de museos. O investimento de 105.000 euros permitirá realizar case 500 sesións educativas e culturais. A exposición “Non fun” de Pilar Alonso en Casa das Artes xa ofrece actividades para interactuar coa obra e a artista.
venres, 30 mai 2025
A Xunta de Goberno aprobou definitivamente este venres o proxecto das obras de urbanización no PERI II-03 Castro Castriño, en Tomás Alonso, que contará cun investimento de preto de 250.000 euros, segundo explicou o alcalde. “Algo que leva parado desde os anos 90 está neste momento coa obra que vai facer o Concello para a súa posta en marcha”, remarcou.
venres, 30 mai 2025
Abel Caballero destacou este venres no acto de clausura da sétima edición de Via Exterior, a aceleradora para a internacionalización de empresas galegas impulsada polo Consorcio da Zona Franca, a "vantaxe" da "marca Vigo", que sinala como a terceira en importancia en España. Trátase, dixo, dunha tarxeta de presentación para a actividade comercial nacional e internacional das empresas. O alcalde e presidente do Consorcio de Zona Franca puxo en valor a achega á economía de Vigo e de Galicia desta aceleradora de empresas.
venres, 30 mai 2025
O alcalde saudou hoxe aos integrantes da Escola Deportiva Vigo 2015, organizadores do "Campionato de España de Clubs base de Fútbol Sala, categoría sub-16 masculina". Promovida baixo a tutela da Real Federación Española de Fútbol, a competición reúne desde este venres en Vigo a equipos de Galicia, a Comunidade Valenciana, Canarias e o Pais Vasco.