O alcalde saúda ao alumnado do colexio Eleven School

martes, 3 xuñ 2025

Abel Caballero destacou este martes ante os 40 alumnos de quinto e sexto de Educación Primaria e primeiro de Secundaria do colexio Eleven School, que participan na actividade didáctica " Visita o teu Concello", a importancia para o seu futuro da aprendizaxe que reciben en inglés e que fomenta o Concello de Vigo coas becas de idiomas que cada ano melloran os coñecementos de preto de 2.000 estudantes da cidade. O alcalde, e a primeira tenente de Alcaldía, Carmela Silva, transmitiron ao estudantado o traballo que se desenvolve no Concello para o benestar da cidadanía e para proporcionar servizos de calidade. Animoulles a estudar para que quen queira poida ser alcalde da cidade, "que é o mellor que lle pode pasar a unha persoa".

O alcalde pon en valor o liderado da cidade nos investimentos en educación e política social

luns, 2 xuñ 2025

Abel Caballero destacou hoxe os investimentos do goberno municipal destinados a mellorar as infraestruturas dos colexios da cidade e propiciar tanto a mellora no coñecemento de idiomas, con 2.000 beneficiarios das becas, como na formación das nenas e dos nenos en múltiples disciplinas. Destacou a aposta polos programas pioneiros de Política Social para atender as persoas vulnerables.

Alumnado do CEIP San Salvador de Teis visitas as instalacións municipais dentro do programa "Visita o teu Concello"

xoves, 29 mai 2025

Abel Caballero recibiu este xoves no salón de plenos do Concello a 36 alumnos de 3º e 6º de Educación Primaria do CEIP San Salvador Teis que participan no programa municipal "Visita ou teu Concello". O rexedor, tras explicar ao estudantado a importancia da administración municipal na vida dos vigueses, animoulles a interesarse pola información que reciben durante a visita ás dependencias municipais.

O rexedor clausura as "XV Xornadas Municipais de Teatro" nas que participaron 1.400 escolares

venres, 23 mai 2025

O alcalde entregou este venres os diplomas aos estudantes de Educación Primaria da cidade que participaron nas "XV Xornadas Municipais de Teatro e Escolar", organizadas pola Escola Municipal de Teatro, e animounos a matricularse o próximo curso para seguir aprendendo. Alumnado dos CEIPs Javier Sensat e Emilia Pardo Bazán pecharon hoxe as actuacións coa representación das obras "O rei león", "Daniel pirata" e "Superpoderes cotiás", respectivamente. Máis de 1.400 nenas e nenos gozaron durante toda a semana das 13 obras teatrais interpretadas por escolares de 6 a 12 anos.