Escoitar

O Pleno demanda á Xunta un estudo das patoloxías das cubertas de todos os centros educativos

A maioría da Corporación solicitou unha auditoría das patoloxías das cubertas dos centros educativos da cidade, tendo en conta que a maioría deles foron construídos hai máis de 50 anos. O Pleno tamén solicitou un plan de choque para rebaixar a lista de agarda da Teleasistencia.

luns, 26 xan 2026

A edil de Educación, Olga Alonso, lembrou na sesión plenaria desta mañá que os centros educativos de Vigo son edificacións construídas entre as décadas dos 60 e 80 polo que nestes momentos o estado das súas cubertas pode comprometer a funcionalidade e seguridade dos edificios. Cómpre, por tanto, realizar un estudo sobre posibles patoloxías destas instalacións tal e como este mañá se lle reclamou ao Goberno autonómico. A moción foi aprobada cos votos a favor do PSOE e BNG e o voto en contra do PP.

A Teleasistencia foi outro dos asuntos que se abordaron na sesión plenaria desta mañá. A concelleira de Benestar Social, Yolanda Aguiar, instou á Xunta a prestar este servizo ás persoas dependentes de xeito gratuíto, tal e como vén facendo o Concello de Vigo. Ademais, o texto, que contou conto co voto favorable de PSOE e BNG, solicitou un plan de choque para rebaixar a lista de agarda da Teleasistencia. O PP abstívose na votación.

Descargar todas as imaxes