Escoitar

O Pleno insta á Deputación e á Xunta a colaborar co Concello financiando voos desde Vigo

A sesión plenaria do mes de decembro aprobou a moción socialista que propón establecer un convenio de colaboración entre Concello, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia para formalizar contratos públicos de apoio a voos desde Vigo. Saíu adiante co voto favorable dos socialistas e o voto en contra de PP e BNG.

luns, 26 xan 2026
A Corporación garda un minuto de silencio polas vítimas de violencia de xénero
A Corporación garda un minuto de silencio polas vítimas de violencia de xénero

O voceiro socialista, Carlos López Font, defendeu a proposta do Concello de establecer un convenio de colaboración, coa Xunta de Galicia e coa Deputación de Pontevedra, para formalizar contratos públicos de apoios a voos desde o aeroporto de Vigo a cidades europeas e españolas, de acordo cos estudos de AENA, financiando cada administración un terzo das achegas necesarias.

Tal e como expuxo, AENA está realizando os estudos sobre posibles rutas e destinos a implantar no aeroporto de Vigo, polo que “é o momento” de que a Xunta e a Deputación “aposten decididamente por apoiar economicamente” a terminal olívica. A moción foi aprobada cos votos favorables do grupo socialista e o voto en contra dos populares e nacionalistas.

Regulamento de control de pesca

O Pleno deste luns aprobou, co voto favorable do PP e a abstención de PSOE e BNG, a moción do grupo municipal popular para trasladar ao Goberno de España que incorpore todas as flexibilidades posibles na aplicación do Regulamento (UE) 2023/2842 do Parlamento Europeo e do Consello de 22 de novembro de 2023 sobre o control da pesca, con especial incidencia na notificación de preaviso, que debería quedar fixada en media hora.

 


Amais, instan a formular unha mellora e simplificación dos procesos de notificación dixital de capturas e actividade, xerando un novo modelo máis intuitivo, rápido na súa cumprimentación e de menor previsión de comisión de erros involuntarios por parte das persoas encargadas deste trámite e, en terceiro lugar, a moción demanda ao Goberno español que se dirixa á Comisión Europea para propoñer a modificación do Regulamento no que respecta ao control de pesca en función das análises de evolución da aplicación do mesmo e da previsible revisión da Política Común de Pesca.

Descargar todas as imaxes