Caballero celebra a restitución do xulgado de Instrución número 8 de Vigo
Vigo contará con 8 xulgados de Instrución tal e como demandan o sector e o Goberno municipal. O Ministerio de Xustiza vén de anunciar a restitución da sala 8 de Vigo a través dun decreto que se aprobará “en breve” no Consello de Ministros
Abel Caballero destacou esta mañá o anuncio do proxecto do Real Decreto de creación de 500 unidades xudiciais correspondentes á programación de 2026 e á adecuación da planta xudicial. Entre estas prazas, atópase -dixo - o xulgado número 8 de Vigo, tal e como solicitara o alcalde de Vigo, unha vez que o Ministerio de Xustiza eliminara esta sala o ano pasado. Segundo explicou, o ministro de Xustiza, Félix Bolaños cumpriu co compromiso “xusto” de restituír este xulgado á cidade. Este proxecto será aprobado “en breve” polo Consello de Ministros.