Escoitar

O Entroido chega á cidade con pasacalles, comparsas e a música da París de Noia

O alcalde avanzou este luns a programación municipal para as festas do Entroido, que comezan o venres 13 de febreiro e rematan o mércores 18. Xa está aberto o prazo de inscrición para o concurso de comparsas e carrozas.

luns, 26 xan 2026
Cartel do Entroido de Vigo
Cartel do Entroido de Vigo

“Un Entroido magnífico. Imos a por todas”, apuntou Abel Caballero, ao dar conta do programa previsto para a celebración que comeza o venres 13 de febreiro e remata o mércores 18 de febreiro con pasacalles, desfile de comparsas, concertos infantís e de adultos, obradoiros, concurso de disfraces e moita animación na rúa.

Programación completa:

Venres 13 febreiro

▪ Animación de rúa coa “Charanga Imperiais” e o grupo de batucada “Bate no Cobre” (pola tarde)

▪ Desfile de Cabezudos e personaxes por Príncipe, Porta do Sol e Policarpo Sanz (desde as 18:30 horas da tarde)

▪ Entronización do Meco ás 20:30 horas en Porta do Sol. A continuación, concerto da orquestra París de Noia

Sábado 14 febreiro

▪ Animación de rúa desde as 17h por Príncipe

▪ 18:00 horas: Desfile concurso de comparsas de Entroido desde a rotonda de Isaac Peral. O Desfile será por García Barbón, Policarpo Sanz e Colón. Ata o 6 de febreiro están abertas as inscricións para participar. Poden facerse de forma presencial nas sedes das entidades organizadora (Peñas El Olivo e Agrupación de Centros Culturais) ou a través do seu mail. O Concello repartirá 18.500 euros en premios (1º premio: 3.000€; 2º premio: 2.500€; 3º premio: 2.000€; 7 accésit de 1.000€ e 17 accésit de 200€).

Domingo 15 febreiro

▪ Animación de rúa en Príncipe e Porta do Sol coa batucada “Lenha Verde” de Matamá (pola mañá) e a “Charanga Imperiais” e a batucada “Bate no Cobre” (pola tarde)

▪ 17:30h: concerto infantil de “Uxía Lambona e a banda molona” en Porta do Sol

▪ Chocolatada a partir das 19h

▪ Concerto de “Crónicas Pop” ás 20 horas

Luns 16 febreiro

▪ 17-20 horas en Porta do Sol: talleres infantís (máscaras, pintacaras)

▪ Animación de rúa por Príncipe con charanga e batucada

▪ 18 horas: concerto das Pamisukis (en Auditorio municipal se chove)

Martes 17 febreiro

▪ Animación de rúa en Príncipe

▪ Saída de “Os merdeiros” e cabezudos

▪ Concurso de disfraces en Porta do Sol (ou Auditorio Municipal se chove), para infantil e adulto e premios para as diferentes categorías

▪ 20 horas: espectáculo de lume con “A saco circo” en Porta do Sol

▪ 20:45: Queima do Meco coa banda de Corneta do Centro Social e Cultural de Beade e o grupo de acompañamento da peña Xuntanza

Mércores 18 febreiro

▪ 18 horas: exequias funerarias do Meco

▪ Desfile e acompañamento das comparsas da comitiva fúnebre

▪ Banda de gaitas da ETRAD e grupo de percusión “Lenha Verde” de Matamá

▪ 19:30 horas: lectura da acta do xurado do concurso de comparsas

 

Descargar todas as imaxes