O Concello pagou en 2025 as facturas aos provedores nun prazo medio de 6,3 días
No último trimestre de 2025 o Concello pagou preto de 72 millóns de euros aos provedores municipais nun prazo de 5,8 días, segundo destacou hoxe Abel Caballero. “ Temos un tempo récord de pago en toda España”, remarcou o alcalde.
O prazo medio de pago aos provedores municipais de Vigo foi de 6,3 días en 2025, segundo explicou hoxe o alcalde. “Apoiamos moito a economía con estes pagos tan rápidos”, incidindo en que o abono áxil das facturas do Concello de Vigo contrasta cos de Santiago de Compostela con 91 días; Lugo con 9,3 días; Pontevedra con 26,3; Coruña con 50 días e Ourense con 70,6 días.
Pleno ordinario
O concelleiro de Orzamentos e Facenda, Jaime Aneiros, sinalou no primeiro pleno ordinario de 2026 dá corporación municipal, que o rápido pago a provedores do Concello de Vigo confrontase coa situación de administracións como a Xunta con 20 días para o abono de facturas, e da Deputación Provincial de Pontevedra con 22 días a pesar de xestionar 3 millóns en pagos dentro do capítulo de investimentos.
O responsable de Orzamentos Facenda incidiu na transcendencia de pagar nun curto prazo de tempo unha gran cantidade de pagos aos provedores municipais co que evitar “tensións de tesourería nas empresas provedoras”
Aneiros, tras avanzar o pago de 2.675 facturas no último trimestre de 2025, destacou o importante volume de obras en execución que o Concello de Vigo desenvolve na actualidade e que os 72 millóns dos pagos enmárcanse no total de 201 millóns.