martes, 3 xuñ 2008
En conmemoración do centenario do pasamento do escritor de Celanova, o Concello de Vigo, a través da Alcaldía e do Concellería de Educación, renderá homenaxe a Curros Enriquez coa celebración o próximo xoves 5 de xuño dun recital no que participarán as Escolas de Danza Municipais de Música, Danza e Teatro.
venres, 30 mai 2008
Laura López Atrio acudíu este venres ao CEIP Canicouva, en Pereiró, un dos centros onde se está a desenvolver a iniciativa da Concellería de Educación "Arte na Aula", que leva a obra de 26 artistas vigueses a 12 colexios da cidade. A mostra remata en decembro. <br />
mércores, 28 mai 2008
O Servizo de Educación do Concello de Vigo no marco da proposta didáctica "VIGO ACTIVITIES" leva a escea no Auditorio Helios de Bembrive o mércores 28 e xoves 29 de maio en horarios matinais de 10,30 e 12,00 horas, 4 funcións da obra de teatro en inglés "Drákula", especialmente creada para escolares do 3º Ciclo de Educación Primaria polo Grupo de Zaragoza "Firewalk Theatre Productións S.L.".<br />
venres, 16 mai 2008
A Orquestra da Escola Municipal de Música de Vigo realizará un concerto no auditorio do cárcere da Lama o 17 de maio "Día das Letras Galegas" as 17:30 horas. Este concerto está organizado pola Asociación penitenciaría "Concepción Arenal" que estuda e colabora coa reinserción social dos liberados.
mércores, 14 mai 2008
O Delegado Provincial da Consellaría de Educación, José Armando Cristobal, confirmou este mércores ao alcalde, Abel Caballero, que se construirá un novo centro para o colexio Virxe do Rocío, na parte baixa da estrada e cun investimento de 1,8 millóns de euros. Ademáis, a Consellaría edificará novos centros para o CEIP Altamar, o CEIP Vicente Risco e o Colexio Caixanova, na finca de San Roque.
martes, 13 mai 2008
O concelleiro de Cultura, Xesus López, salientou este martes a importancia de coñecer o patrimonio e o paisaxe galegos durante o acto de inauguración da mostra "O Vieiro da Franqueira", que pode visitarse no Verbum dende hoxe e ata o vindeiro 25 de maio. A exposición mostra as bondades dun camiño de 42 kilómetros que comeza na galla do camiño, en Soutomaior e Redondela, e que tras pasar polos concellos de Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario, Covelo e Ponteareas, remata no santuario da Franqueira.
martes, 13 mai 2008
Os alumnos de 5º de primaria do CEIP Pintor Laxeiro presenciaron xunto ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, un dos 75 Contacontos en inglés que se están a levar a cabo en 32 centros da cidade. Esta actividade forma parte do programa "Vigo Activities", organizado pola Concellaría de Educación, que procura mellorar o nivel de inglés dos estudantes vigueses.
venres, 9 mai 2008
Fai aproximadamente un mes, Educadores pola Paz celebrou na cidade a súa reunión que trouxo a Vigo preto de 1.200 educadores de toda Galicia e Portugal, unha mobilización "sen precedentes", salientou o alcalde. En decembro de 2008, a cidade volverá a acoller outra reunión do colectivo, polo que Abel Caballero aboga porque Vigo sexa a sede bianual destes encontros.
venres, 9 mai 2008
Tradurbán é un espectáculo deseñado especialmente para o ciclo de concertos didácticos que terá lugar en diversos centros de ensino secundario da cidade de Vigo con motivo da celebración da semana das Letras Galegas en Maio de 2008 e que organiza a Concellería de Educación. O primeiro dos concertos terá lugar o luns, día 12 , no IES Politécnico, ás 12.30 horas e o que asistirá a concelleira de Educación, Laura López Atrio.
xoves, 8 mai 2008
Abel Caballero, da man das concelleiras de Parques e Xardíns, Raquel Díaz, e de Educación, Laura L. Atrio, coñeceu hoxe no Colexio Escultor Acuña o programa educativo municipal "Unha horta ecolóxica na escola", implantado nun total de catro centros de educación infantil e primaria. Este proxecto experimental procura transmitir os valores medioambientais aos máis pequenos mediante a construcción dunha horta.