Caballero salienta que o Concello ofertará unhas 800 prazas o próximo curso en escolas infantís municipais

martes, 6 set 2011

O alcalde visitou hoxe martes a de Atalaia, en Teis, unha das catro escolas infantís municipais que xa comezaron o curso. Ao longo do presente exercizo escolar tamén entrarán en funcionamento as de Casiano Martínez e Tomás Alonso, "a punto de abrir", e a de Mestres Goldar, sumando outras 260 prazas ás 350 que xa operan. De cara ao próximo curso, o goberno local habilitará outras catro en A Seara, A Doblada, Navia e Lavadores, sumando unha oferta municipal que rondará as 800-850 prazas.

O alcalde cifra en 1,2 millóns o investimento municipal para conceder 2.000 bolsas de comedor escolar

luns, 1 ago 2011

Abel Caballero asinou este luns o convenio anual coa Federación Olívica de Nais e Pais de Alumnos e Alumnas de Vigo e comarca (FOANPAS) pola que o Concello inviste medio millón de euros para actividades e sufragar parte das bolsas de comedor escolar. En total, sumando a parte do departamento municipal de Política do Benestar, o Concello outorgou o último ano 2.000 achegas por 1,2 millóns de euros.

Caballero cifra en 800.000 euros o orzamento municipal deste ano para sufragar as axudas de comedor dos escolares

venres, 22 xul 2011

Tras a Xunta de Goberno Local, o alcalde informou da aprobación do convenio con FOANPA, nais e pais de alumnos, polo que o Concello achega 476.000 á entidade para realizar actividades extraescolares e completar as becas de comedor que concede o goberno de Vigo. O importe destinado no orzamento de 2011 ao efecto ascende a uns 800.000 euros, case o triple que catro anos atrás. O alcalde ratificou o seu compromiso de conceder as axudas a todos os escolares que o precisen e cumpran os requisitos.

O alcalde anuncia que o Centro internacional de Ensinanzas da UNED, exclusivo de Vigo, operará no segundo cuatrimestre do próximo curso

martes, 19 xul 2011

Tras unha reunión co diretor do campus do noroeste da UNED, Abel Caballero anunciou que a apertura do Centro internacional de Vigo está prevista para o segundo cuatrimestre do próximo curso 2011-2012. O primeiro paso será a constitución do Consorcio Universitario, que xa conta coa participación da UNED e do Concello vigués, á falta dunha resposta á invitación cursada á Deputación de Pontevedra e á Xunta de Galicia. Caballero avanzou que invitará a institucións privadas do ámbito económico e social.

Caballero clausurou no Pazo de Castrelos a XXII edición da Olimpiada Matemática

xoves, 30 xuñ 2011

O alcalde de Vigo clausurou este xoves a XXII Olimpiada Matemática, que celebrouse na cidade desde o pasado 26 de xuño, ante un centenar de persoas aproximadamente. Caballero tamén participou da entrega de premios, previa ao paseo polos xardíns históricos do Pazo Museo Quiñones de León. O evento estivo organizado pola Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática e contou coa colaboración da Concellería de Educación.

Caballero salienta que o Concello concede este ano 510 bolsas para estudantes de inglés no estranxeiro

luns, 27 xuñ 2011

A Xunta de Goberno Local do pasado venres aprobou a modificación do contrato para ampliar o número de prazas dos estudantes de 3º da ESO, chegando ás 290 bolsas, máis as 150 destinadas aos centros concertados. O alcalde recordou que a Escola Oficial de Idiomas recibe outras 70 axudas para estudar idiomas no estranxeiro, totalizando en 2011 510 bolsas de inglés, cun investimento superior a 1,1 millóns de euros.