Educación
Socialistas e nacionalistas instan á Xunta a realizar as obras que precisan os colexios da cidade
martes, 26 xul 2011PSOE e BNG instan á Xunta á realizar de xeito inmediato os investimentos que precisan os colexios públicos da nosa cidade. Nunha moción que defendeu a concelleira socialista Raquel Díaz, reclaman á Administración autonómica que acometa as obras necesarias para garantir unhas condicións de escolaridade mínimas esixibles para os nenos e as nenas.
Caballero cifra en 800.000 euros o orzamento municipal deste ano para sufragar as axudas de comedor dos escolares
venres, 22 xul 2011Tras a Xunta de Goberno Local, o alcalde informou da aprobación do convenio con FOANPA, nais e pais de alumnos, polo que o Concello achega 476.000 á entidade para realizar actividades extraescolares e completar as becas de comedor que concede o goberno de Vigo. O importe destinado no orzamento de 2011 ao efecto ascende a uns 800.000 euros, case o triple que catro anos atrás. O alcalde ratificou o seu compromiso de conceder as axudas a todos os escolares que o precisen e cumpran os requisitos.
O alcalde anuncia que o Centro internacional de Ensinanzas da UNED, exclusivo de Vigo, operará no segundo cuatrimestre do próximo curso
martes, 19 xul 2011Tras unha reunión co diretor do campus do noroeste da UNED, Abel Caballero anunciou que a apertura do Centro internacional de Vigo está prevista para o segundo cuatrimestre do próximo curso 2011-2012. O primeiro paso será a constitución do Consorcio Universitario, que xa conta coa participación da UNED e do Concello vigués, á falta dunha resposta á invitación cursada á Deputación de Pontevedra e á Xunta de Galicia. Caballero avanzou que invitará a institucións privadas do ámbito económico e social.
A Rede Europea de Orquestras Folk (ENFO) celebra o seu terceiro encontro en Aosta, Italia
xoves, 30 xuñ 2011A delegación viguesa, formada por técnicos da Concellería de Educación, Director e mestres da e-Trad e pola Orquestra Sondeseu, desenvolverá diversas sesións de traballo e abrirá o festival Céltica 2011 no val alpino de Aosta.
Caballero clausurou no Pazo de Castrelos a XXII edición da Olimpiada Matemática
xoves, 30 xuñ 2011O alcalde de Vigo clausurou este xoves a XXII Olimpiada Matemática, que celebrouse na cidade desde o pasado 26 de xuño, ante un centenar de persoas aproximadamente. Caballero tamén participou da entrega de premios, previa ao paseo polos xardíns históricos do Pazo Museo Quiñones de León. O evento estivo organizado pola Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática e contou coa colaboración da Concellería de Educación.
Caballero salienta que o Concello concede este ano 510 bolsas para estudantes de inglés no estranxeiro
luns, 27 xuñ 2011A Xunta de Goberno Local do pasado venres aprobou a modificación do contrato para ampliar o número de prazas dos estudantes de 3º da ESO, chegando ás 290 bolsas, máis as 150 destinadas aos centros concertados. O alcalde recordou que a Escola Oficial de Idiomas recibe outras 70 axudas para estudar idiomas no estranxeiro, totalizando en 2011 510 bolsas de inglés, cun investimento superior a 1,1 millóns de euros.
O obradoiro Summus Lac clausúrase este sábado cun ensaio aberto na rúa do Príncipe
venres, 24 xuñ 2011Promovido pola concellería de Educación pretende formar un grupo de persoas que representen composicións de diversos estilos. Summus Lac busca romper coa perspectiva de coro tradicional creando dinamismo na escena de forma sonora e visual.
A Concellería de Educación remata o curso co programa "Crea na Escola"
xoves, 23 xuñ 2011A concelleira de Educación, Raquel Díaz, inaugurará o "II Certame de Arte Infantil" mañá venres 24 de xuño ás 17:00 horas. A iniciativa municipal remata o curso cunha mostra dos traballos elaborados neste 2010-2011. Conta coa achega de 850 escolares vigueses que participaron nos certames de Arte Postal, Banda Deseñada e Arte Infantil.
Cursos monográficos de verán da Escola Municipal de Teatro
luns, 20 xuñ 2011Cada verán, a Escola Municipal de Teatro presenta unha nova oferta de cursos monográficos, destinados a todas as persoas interesadas no mundo teatral, que queiran perfeccionar a súa técnica ou ben iniciarse no coñecemento teatral. Do 27 de xuño ata o 15 de xullo desenvolveranse os obradoiros de seguridade escénica, creatividade corporal e creación colectiva na escena.